Feb 20

O Concello de Camariñas está a levar a cabo un novo proxecto de eficiencia enerxética do alumeado público no que se acadará un aforro do consumo de enerxía eléctrica do 70%. Vanse instalar unhas novas luminarias de Led de 30 vatios de potencia e cunha vida útil de 50.000 horas. Esta nova rede de alumeado do concello non só aforrará en enerxía se non que as calles estarán moito máis alumeadas debido a estes leds de alto rendimento.

Dec 31

Este ano o Concello de Camariñas fixo unha importante inversión de obras en Xaviña: a zona recreativa do Ariño, a pavimentación da rúa nova e que une os núcleos de Cruceiro á Covadiña e a pavimentación da praza da igrexa de Xaviña. Hoxe vou falar desta última. O Alcalde de Camariñas, con moi bó criterio, ve e entende que a igrexa de Xaviña é o centro social do pobo. Ademais da súa importancia arquitectónica no entorno da igrexa está o parque infantil, a pista polideportiva e o campo de baile. É un entorno que hai que respetar e no que hai que invertir. Por iso aí se fixeron obras como foron a pavimentación do lugar do Sixto, o ancheamento e pavimentación da pista da igrexa, as beirarrúas da pista da igrexa, o arranxo do parque infantil e agora a pavimentación da plaza.

Dec 22

O pasado sábado abríase ao tráfico a Rúa Principal de Arou. As obras desta rúa de Arou tiveron un orzamento de 82.467,52 Euros. Esta importante vía da vila sufríu un cambio radical na que se fixeron as seguintes melloras:

Páxina 4 de 29