Out 17
Os grupo municipal socialista de Camariñas segue a traballar dende o concello para mellorar os diferentes viais e rúas do noso término municipal. Hai unhas semanas que deron comezo as obras para remodelar o firme da Travesía Eugenio López e Rúa Calvario de Camariñas. Esta actuación enmarcada dentro do "Plan Provincial de Cooperación para as Obras e Servizos" está financiada pola Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas e está sendo levada a cabo pola empresa camellana "Jose Ángel Pose Romar y Otro". A obra que está previsto que sexa rematada a finais do mes de novembro de 2013 supuxo unha importante inversión de 114.185 euros e que esperemos que deixe totalmente renovados estes importantes vías.
Set 19

O sábado 21 de setembro as 12h terá lugar a inauguración do Tanatorio Municipal Hermanas Fernández Espín.

En primeiro lugar os agradecementos, agradecer o PADROADO DA FUNDACIÓN FERNÁNDEZ ESPÍN a doazón do terreo na Travesía Muíño do Vento, tamén agradecer a Don JUAN GONZÁLEZ CANOSA, a súa dona e a Don JUAN JOSÉ REGO GONZÁLEZ por a doazón de uns terreos adxacentes os da Fundación, imprescindibles para a construción do Tanatorio MUNICIPAL e agradecer a Excelentísima Deputación da Coruña por o seu financiamento.
Ago 21
Estes días unha empresa de instalacións eléctricas está a soterrar os cables da rúa Real en Camariñas. Esta rúa foi arranxada fai un par de anos, e xa daquela o Concello de Camariñas levou a cabo a obra civil (colocación de tubos, construción de arquetas, etc) necesaria para o soterramento.
Páxina 10 de 29