Dec 02
Dende a Agrupación Socialista de Camariñas, aínda abatidos pola morte do noso compañeiro Roberto de Brañas Verdes, queremos expresar a nosa LEDICIA polo fallo dictado polo Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 3 da Coruña no cal se dicta unha sentenza que anula a orden de derribo de parte do Tanatorio Municipal Hermanas Fernández Espín que unha veciña da vila viña reclamando como que estaba construido sobre un terreo da súa propiedade. Ó final a xustiza falou e da a razón ao Concello de Camariñas dende o que se traballou a reo para que este servizo básico para os veciños se fixera realidade. Agora toca esperar a inminente autorización da Consellería de Sanidade e seguir co pleito civil para que esta veciña que reclama unha franxa de terreo sobre o cal di ela que está construido o Tanatorio de Camariñas demostre dunha vez por todas e con PAPELES ENRIBA DA MESA DO XUIZ si ese terreo era verdadeiramente propiedade súa E COMO FOI ADQUIRIDO. Tamén recordar que dende a nosa agrupación dende sempre respetamos e RESPETAREMOS todas e cada unha das sentencias xudiciales dictadas pola xustiza compartámolas ou non, pero sempre as acataremos. Outros chaman á rebeldía e ao odio contra os xuices propio de réximes de outros tempos que tanto añoran pero para os SOCIALISTAS prima ante todo o respeto á democracia, ás institucións e á xustiza.  Noraboa a tod@s os veciñ@s do Concello de Camariñas. O PSdeG-PSOE de Camariñas continúa traballando a prol das xentes do noso concello.
Nov 26
Hai uns días o Concello de Camariñas comezou a obrar no entorno da praia e merendeiro do Ariño unha obra financiada nun 80% polo GAC. O Ariño é un lugar de gran beleza e querido polos veciños de Xaviña e todo o Concello. Nos fins de semana do verán centenares de veciños se xuntan alí para comer un churrasco por exemplo e pasar un bó día de praia ca familia. Pola semana o Ariño convértese no centro de traballo das nosas mariscadoras.
Nov 05
O Concello de Camariñas despois dos aforros enerxéticos acadados no primeiro proxecto, e seguindo as recomendacións extraídas de unha auditoría enerxética do alumado público, vai a levar a cabo un novo proxecto de eficiencia enerxética do alumeado público do concello. Preténdese continuar co mesmo sistema que se instalou o ano pasado en varias parroquias, dado o aforro que se acadou foi superior o que se estimaba en principio.
Páxina 9 de 29