Ago 28
O sábado 30 de agosto, está convocada a segunda parte da andaina entre Berdoias a Carballo para esixir que se retomen as obras da Autovía da Costa da Morte paralizadas inxustamente polo goberno da Xunta do PP. Esta segunda etapa partirá as 9 da mañá dende a Cementeira situada na estrada Baio-Borneiro, e rematará en Carballo, onde haberá autobuses para a volta a Baio. A Agrupación Socialista de Camariñas volverá a camiñar cos cidadáns da Costa da Morte esixindo o reinicio das obras de esta vital infraestrutura. AUTOVÍA COSTA DA MORTE XA! Os interesados en asistir confirmade a asistencia, contactando cos membros da Executiva.
Ago 22
Para os sábados 23 e 30 de agosto, está convocada unha andaina dende Berdoias ata Carballo, para esixir que se retomen as obras da autovía da Costa da Morte. A primeira etapa será o sábado 23 e está convocada en Berdoias as 9 da maná, para ir camiñando ata Baio onde haberá autobuses para a volta a Berdoias.
Xul 30
Esta mañá abríase ao tráfico a Travesía da Esquipa de Ponte do Porto, tras dous meses de obras que supuxeron un cambio radical en esta rúa porteña. As obras da Travesía da Esquipa tiveron un orzamento de 50.000 Euros  e consistiron nas seguintes melloras:
Páxina 6 de 29