Xan 19

A Agrupación Socialista de Camariñas elixe a Sandra Ínsua Rial, actual alcaldesa, como cabeza de lista para as eleccións municipais do 26 de maio deste ano. A decisión foi tomada hoxe por aclamación, nunha asemblea celebrada na Casa do Pobo. A asemblea, cunha elevadísima asistencia, confirmou o apoio total da militancia á actual alcaldesa. Insua fixa na fachada marítima e na xeración de emprego dúas grandes prioridades para o próximo mandato

Feb 03

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Por medio da presente comunícote que o vindeiro sábado día 3 de febreiro, ás 18:30 horas, haberá Asamblea Extraordinaria da Agrupación Socialista de Camariñas para elixir a nova Comisión Executiva Municipal da Agrupación Socialista de Camariñas.

Xan 04

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Como sabes, o pasado 17 de decembro a militancia da provincia da Coruña participou nunha xornada de primarias, sendo o compañeiro Valentín González Formoso escollido como novo Secretario Xeral Provincial. A partir de agora ábrese o prazo para escoller as delegacións que asistirán ó Congreso Provincial, que se celebrará o día 13 de xaneiro. Por medio da presente comunícote que o vindeiro xoves día 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, haberá Asamblea Extraordinaria da Agrupación Socialista de Camariñas para tratar os seguintes asuntos:

Páxina 1 de 36