PRESTAMO DE CAMA ORTOPÉDICA PARA PERSOAS DEPENDENTES 20/10/2015

Valora este artigo
(2 Votos)

O Concello de Camariñas abriu o prazo para a presentación de solicitudes de préstamo de cama ortopédica para os veciños que teñan recoñecida unha dependencia de grado III ou II e non se beneficien de ningún servizo ou axuda para persoas dependentes.

Para formalizar a solicitude deberán presentar, no departamento de Servizos Sociais, a seguinte documentación:

- DNI.
- Resolución do grado de dependencia recoñecido.
- Xustificante de ingresos persoais. 

Esta axuda concederase en función dos créditos dispoñibles, por iso non abondará con que o solicitante reúna os requisitos e condicións sinaladas senón que será necesario, ademais, que a súa solicitude poda ser atendida tendo en conta as dotacións presupostarías existentes. O criterio que se seguirá para a concesión ata esgotar a partida destinada a este fin será: puntuación do BVD, situación económica, non haberse beneficiado destas axudas anteriormente. Os beneficiarios deberan asinar un compromiso de devolución da cama articulada. 

O prazo remata o vindeiro día 10 de novembro de 2015  Para máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais, situado na casa de pedra. Lembrámoslles que deben pedir a cita previa persoalmente ou chamando ó teléfono 981 73 70 04. 


961 Modificado por derradeira vez o Domingo, 25 Outubro 2015 10:41
Máis en esta categoría:

Artigos relacionados (por etiqueta)

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.