SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO DE CAMARIÑAS: AXUDA NO FOGAR

Valora este artigo
(3 Votos)

A atención das persoas mais dependentes, maiores que viven solos ou calquera cidadán que estea en situación de vulnerabilidade conta, no concello de Camariñas, con axuda domiciliaria logo de ser estudado cada caso polos servicios sociais do concello.

O concello de Camariñas conta con 7 auxiliares que traballan a xornada completa durante todo o ano, e  4 auxiliares contratadas para realizar as substitucións das outras, tanto no período de vacacións como nas baixas por enfermidade. As 11 auxiliares desenvolven o seu cometido neste servizo  indistintamente a usuarios de prestación básica e dependentes.

Con motivo de dar cobertura as persoas dependentes durante os 365 días ao ano contratáronse os servizos dunha empresa de axuda no fogar para atender aos usuarios durante os domingos e días festivos. Son usuarios que teñen solicitado o SAF como recurso idóneo e que entre as tarefas que reciben está o aseo persoal.

As persoas que reciben este servizo presentan na meirande parte limitacións nas súas capacidades físicas ou/e psíquicas, ben pola idade, enfermidade ou dependencia; isto motiva que as tarefas realizadas polas auxiliares domésticas se centren nos seguintes aspectos:

- Aseo e hixiene persoal
-  Limpeza e mantemento do fogar.
- Control da medicación.
- Compra e preparación de alimentos.
- Creación de hábitos.
- Compaña.

A coordinación do servizo levase a cabo dunha forma continua ben a través de visitas domiciliarias, entrevistas cos usuarios ou reunións coas auxiliares. Para que as auxiliares podan recibir indicacións inmediatas e estar en contacto directo coa coordinadora do servizo dotóuselles de teléfono móbil reducindo considerablemente os problemas da dispersión xeográfica do medio rural.

1068 Modificado por derradeira vez o Mércores, 21 Outubro 2015 15:20
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.