OS SERVICIOS SOCIAIS DE CAMARIÑAS: AS PERSOAS O PRIMEIRO

Valora este artigo
(3 Votos)

Os servicios sociais de Camariñas están desempeñados por unha traballadora social e unha auxiliar administrativa que son financiados por recursos procedentes do Concello, da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial. A traballadora social é a responsable do programa de información, orientación e asesoramento, a través do cal os usuarios poden acceder a todos os recursos sociais: prestacións, axudas, pensións, servizos e á información relativa aos dereitos sociais  que lles correspondan. Desde este programa realizase o estudo, difusión e posta en marcha de proxectos novos de ámbito local e o desenvolvemento, a nivel municipal, de programas autonómicos e estatais.

Pero as súas funcións van mais alá:


- Entrevistas persoais e/ou familiares: recollida de información. Interpretación, valoración e diagnóstico.
- Xestión dos recursos segundo a situación.
- Visitas domiciliarias necesarias para a tramitación de certos recursos e/ou seguimento de determinadas situacións.
- Emisión de informes técnicos cando sexan solicitados polo concello, por outros organismos ou cando o tipo de recurso social a empregar o requira.
- Coordinación do servizo e con outros profesionais.

As funcións da Auxiliar administrativa, en síntese, consisten na elaboración de documentos administrativos, rexistro das demandas, explotación de datos, envío de documentación aos diferentes organismos, petición de certificados, recepción de chamadas; Tramitación de solicitudes para participar en programas como turismo social, termalismo, vacacións, abono social telefónica, exención do IVTM, para participar en outras actividades do departamento, etc;  Atención da central telefónica, recollida de avisos e derivación ao servizo que corresponda; Atención ao público demandante dos servizos e valoración da urxencia e da demanda presentada para derivalo ao profesional ou servizo que corresponda; Xestión da axenda dos profesionais dos Servizos Sociais, etc. Todo o departamento depende, politicamente, da concelleira Sandra Insua, responsable desta área no goberno municipal.

1165 Modificado por derradeira vez o Luns, 19 Outubro 2015 09:54
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.