SANDRA INSUA CLAUSURA O PROGRAMA "DESEÑANDO O TEU FUTURO NA COSTA DA MORTE"

Valora este artigo
(3 Votos)

A tenente de alcalde, Sandra Insua, clausurou fai uns días o programa Deseñando o teu Futuro na Costa da Morte" onde 30 mozos e mozas dos concellos de Camariñas, Mazaricos, Vimianzo e Muxía comezaron as súas estadías en empresas destes concellos.

O proxecto “Deseñando o teu futuro na Costa da Morte” subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e coordinado polo Concello de Camariñas, da a oportunidade a 30 rapaces e prazas de entre 14 e 17 anos dos concellos participantes para coñecer as empresas e actividades económicas da súa contorno proporcionando información e experiencia que pode axudar a orientar o seu futuro laboral e as súas decisións na formación profesional.

A resposta de mocidade e das empresas dos concellos participantes foi moi positiva e o 1 de setembro iniciouse as estadías en empresas que serán complementadas cunhas visitas grupais a empresas cooperativas e coa impartición dos módulos formativos complementarios relacionados coa busca activa de emprego e a mellora da empregabilidade dos rapaces e rapazas participantes.

As rapazas (63%) son as que máis participan neste proxecto e o 66% do total dos participantes proceden de Muxía e Camariñas. Un 23% de Mazaricos e 11% de Vimianzo.

A colaboracion das empresas dos concellos participantes ten sido excepcional amosando a sensibilidade do noso tecido empresarial e o seu compromiso social co territorio e a mocidade. 27 empresas asinaron convenio de colaboración. O 36% das empresas participantes son comercios, o 23% servizos ,22% hotaleria/turismo e un 10% industrias.

1051 Modificado por derradeira vez o Martes, 06 Outubro 2015 21:15
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.