SS. MM. OS REIS MAGOS DE ORIENTE VISITARÁN O CONCELLO DE CAMARIÑAS O DÍA 5 DE XANEIRO

Valora este artigo
(5 Votos)
SS. MM. OS REIS MAGOS DE ORIENTE VISITARÁN O CONCELLO DE CAMARIÑAS O DÍA 5 DE XANEIRO www.camarinas.eu

As Súas Maxestades de Oriente chegarán ao Concello de Camariñas o día 5 de xaneiro nunhas espectaculares carrozas que percorrerán tódolos lugares do concello. Haberá recepcións oficiais en Arou, Camelle, Ponte do Porto, Xaviña e Camariñas. As paradas, segundo o protocolo, realizaranse nos seguintes lugares e horas. Sairán de Brea as 12 da mañá, pasarán por Pescaduira e Brañas Verdes e en Santa Mariña estarán as 12:30 e continuarán o seu camiño ata Arou que estarán na praza da Cerquiña as 13:00 horas (si chove irán o Centro de Cultura da Estivada). Despois dirixiranse a Camelle, onde recibirán os nenos na Casa do Alemán as 15,30 horas, para de seguido ir ata Ponte do Porto, onde pararán na praza de San Roque, e si chove, no Pavillón o redor das 17 horas. A Igrexa de Xaviña (si chove no Teleclub), teñen previsto chegar sobre as 18,30 horas . De seguido seguirán ata Camariñas onde chegarán sobre as 20 horas a Praza do Concello, (si chove no pavillón). Gran actuación do home orquestra: CÉ ORQUESTRA PANTASMA ás 18:45, na Praza do Concello, (si chove no pavillón). Repartirán miles de CARAMELOS, PALOMITAS e ALGODÓN DE AZUCRE no seu percorrido para nenos e non tan nenos, que estean a esperar por eles. Formarán parte tamén da cabalgata uns espectaculares dromedarios.

1665 Modificado por derradeira vez o Sábado, 03 Xaneiro 2015 09:58
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.