Valora este artigo
(10 Votos)
Dous defenestrados polo PP de Galicia: antaño amigos pero agora si te he visto no me acuerdo Dous defenestrados polo PP de Galicia: antaño amigos pero agora si te he visto no me acuerdo
A mala xestión levada a cabo por Álvarez-Campana e a guerra interna do PP leva a Feijoo a destituir a este personaxe ben coñecido en Camariñas e a borrar da lista de Deputado Provincial a Daniel Rego "Danielito".

A malísima xestión de José Manuel Álvarez-Campana como Presidente de Portos, levou a Consellería do Mar a súa destitución. Parece ser que os seus propios compañeiros xa auguraban fai semanas a súa saida da presidencia de Portos.

Álvarez-Campana aparecía na trama de corruptelas  da Operación Orquesta que según as escoitas, adxudicou unha obra a dedo a constructora imputada, por pago de favores a cargos políticos, tras a mediación do alcalde de Fisterra; tamén esta metido na finaciación da dársena de Punta Langosteira; na concesión do porto deportivo de Sada na que tamén está involucrado o actual alcalde da Coruña Carlos Negreira; na autorización de unha piscifactoría en Ribadeo cando era Director Xeral de Calidade Ambiental durante o último goberno de Fraga, en fin toda unha lista de liadas nas que anda metido.

E en Camariñas tamén conocemos ben o susodicho personaxe, visitante habitual da nosa Vila para asistir a comilonas, e coñecido tamén polos incumprimentos manifestos das súas promesas que adquireu co pobo de Camariñas, auténtico sabedor de ata onde poden chegar as artimañas destes personaxes por conseguir un  voto.

Feijoo destitúe dun plumazo ó Presidente de Portos e releva da Deputación Provincial a Daniel Rego. Dende aquí deseamos bo viaxe a donde queira que sexa a estes dous personaxes


Do tan cacareado e Publicitado “Camariñas Porto do Seculo XXI” non temos máis que incumprimentos, en este momento tal e como expuxo na súa presentación na lonxa xa tiñan que estar en marcha 5 proxectos:

- Ampliación do Peirao.
- Fachada marítima.
- Contradique.
- Instalacións pesqueiras.
- Instalacións naútico deportivas.


E de momento solo está en marcha e cun retraso de máis de un ano o primeiro de eles. Despois de todo o batifundio que montaron para enganar ós veciños do Concello de Camariñas cunhas baterías de obras que pouco teñen que ver ca realidade que hoxe en día se presenta no noso concello. Tamén poderíamos recordar que todo iste montaxe "Camariñas Porto do Século XXI" ademáis de ser unha gran mentira foi o que estes personaxes pensaban que lles iba a facer gañar as, para eles vitais eleccións municipais xa que anunciar as obras do porto de Camariñas en abril do 2010 e comezalas en maio de 2011 a tan so unhas semanas das eleccións municipais xa o di todo.

Xa denunciamos a incompetencia do Presidente de Portos na xestión dos portos do noso concello é entre outras cousas como a mala xestión  no desgraciado accidente acaecido no porto de Camariñas cando caeron dous veciños por a caida de unha baranda o  Presidente de Portos, fai acto de presenza na nosa Vila, avisando con anteroridad aos medios de comunicación para que lle fixesen a foto na súa visita aos familiares dos afectados.

E como colofón están os malos resultados electoraís que o PP tivo nas últimas eleccións municipaís na Costa da Morte, onde solo contan con unha alcaldía a de Fisterra, o despliegue do PP foi espectacular viñeron o Presidente e Vicepresidente da Xunta ademáis de case que todos os Concelleiros a facer campaña e o batacazo foi monumental, así que non dudamos que tras esto tamén lle pasaron factura, igual que fixeron con Daniel Rego que pasou de ser deputado provincial a ser Deputado por dous anos, veremos si dentro de dous anos Danielito non é tamén defenestrado por os seus como fixeron co seu amiguiño Álvarez-Campana.

Queridos veciños do Concello de Camariñas, para o PP o que lles importa é aproveitar todo canto estexa na súa man para sacar rédito político. Outra maneira de gañar non teñen. Os socialistas de Camariñas nunca nos guiamos por eses métodos e moitas veces caemos en trampas tendidas por risas e boas caras. Pero nunca máis. Para nos o máis importante son as xentes do noso Concello.

4648 Modificado por derradeira vez o Mércores, 24 Agosto 2011 18:05
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.