Dec 15

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Por medio da presente comunícote que o vindeiro domingo día 17 decembro será a xornada de votación para elixir o próximo Secretario Provincial. De 16:00 a 20.00 horas na nosa Casa do Pobo.  Este ano a Agrupación Socialista de Camariñas xoga a lotaría do Nadal co número 46.883. Se aínda non o tes póñete en contacto comigo. Aproveito para desexarte a ti e a túa familia unhas moi Felices Festas. Sen máis, recibe un afectuoso saúdo socialista.

Nov 17

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Por medio da presente comunícote que o vindeiro venres día 17 de novembro, ás 20:00 horas, haberá Asamblea Ordinaria da Agrupación Socialista de Camariñas para tratar os seguintes asuntos.

Out 10

Dende a Agrupación Socialista de Camariñas queremos darlle a noraboa a Gonzalo Caballero, novo Secretario Xeral do PSdeG- PSOE, desexarlle moita sorte e acertos nesta nova etapa que se abre no noso partido. Ilusión, dialogo e unión é o que necesitamos para que a cidadanía recupere a confianza en nós como alternativa de goberno. Os e as socialistas demos onte unha lección de democracia interna da que deberían tomar nota moitos outros partidos onde a forma de chegar a liderar un proxecto é a base de dedazo. Agradecemos a xenerosidade de Xaquín Fernández Leiceaga e recoñecemos a valentía e bo facer de Juan Diaz Villoslada, grandísimo candidato cun gran futuro político dentro da nosa organización.

Páxina 2 de 36