
Sergio Caamaño
E ste domingo o Concello de Camariñas organiza a festa do Samaín para tódolos nenos e nenas que queiran darse un bo susto. Será na Casa de Pedra a partir das 5 da tarde comezá un obradoiro de pantasmas e outro de postres terroríficos. Haberá un túnel do terror con pases cada 15 minutos a partir das 18:00. Asegúrase terror así que os menores de 12 anos terán que vir acompañados dun adulto. E para rematar, ás 8 da tarde, a Santa Compaña percorrerá as rúas de Camariñas. Vai ser un domingo terrorífico!
Nestes días estamos a recibir nas nosas casas os recibos correspondentes aos impostos e taxas municipais. Nalgún caso a suma de todos eles supón un desembolso considerable para as economías familiares polo que a posibilidade de distribuír os pagos en varias cuotas convértese nunha alternativa a considerar.
Para iso, a Deputación Provincial da Coruña ten establecido un procedemento polo que calquera persoa que sume entre os recibos de contribución, lixo, auga, etc. máis de 100 euros, pode solicitar o aprazamento ou fraccionamento dos recibos que queira pagando un interese do 5%. Se a suma dos recibos é inferior a 300 euros pódea fraccionar ata en 12 prazos e se a suma dos recibos é superior a 300 euros pódea fraccionar ata en 24 prazos.
Os modelos que deberán cubrir pódense atopar nestes enlaces:
http://www.dicoruna.es/files/2514/1458/5775/solicitude-fraccionamento-gl-14-07-2014.pdf
http://www.dicoruna.es/files/8514/1458/5773/APLAZ-02-G_-_AUTORIZACION_CARGO_CONTA-14-07-2014.pdf
Para calquera dúbida podemos poñernos en contacto ca oficina de recaudación da Deputación en Corcubión no 981746811 ou nas oficinas municipais.
CURSOS DE OFIMATICA NO CENTRO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS
06 Outubro 2015Neste mes de outubro a aula de informática do Concello de Camariñas organiza unha serie de cursos de informática dentro do módulo "Formación dixital básica". O obxectivo dos cursos será iniciarse no mundo da ofimática e vai dirixida prioritariamente a persoas maiores, desempregados, os empresarios camariñáns e todos aqueles colectivos que por algún motivo estean excluídos das TIC.
Amigos da Terra realizará a segunda xuntanza do programa de Fogares Verdes no Concello de Camariñas
05 Outubro 2015Amigos da Terra colabora co Concello de Camariñas na posta en marcha do programa Fogares Verdes, unha campaña de educación e sensibilización ambiental fronte o Cambio Climático, baseada na redución do consumo de enerxía, auga e transporte a nivel doméstico a través de pequenos xestos diarios.
Importantes inversións do Concello de Camariñas na parroquia de Xaviña
31 Decembro 2014Este ano o Concello de Camariñas fixo unha importante inversión de obras en Xaviña: a zona recreativa do Ariño, a pavimentación da rúa nova e que une os núcleos de Cruceiro á Covadiña e a pavimentación da praza da igrexa de Xaviña. Hoxe vou falar desta última. O Alcalde de Camariñas, con moi bó criterio, ve e entende que a igrexa de Xaviña é o centro social do pobo. Ademais da súa importancia arquitectónica no entorno da igrexa está o parque infantil, a pista polideportiva e o campo de baile. É un entorno que hai que respetar e no que hai que invertir. Por iso aí se fixeron obras como foron a pavimentación do lugar do Sixto, o ancheamento e pavimentación da pista da igrexa, as beirarrúas da pista da igrexa, o arranxo do parque infantil e agora a pavimentación da plaza.
Dende hai unhas semanas os obreiros do Concello están a deixar as cunetas de Xaviña perfectas. O desbroce dos camiños é moi importante durante o verán. Retirar as molestas herbas é crucial. E pasado o verán un perfilado e vaciado das cunetas demostra ser a mellor intervención para evitar que as augas do inverno desfagan as nosas rúas. Ver así as cunetas da gusto pero tamén nos amosa a falta de renovar que teñen moitas das nosas pistas. Por ese motivo arranxamos a Rúa Nova e aprobamos un proxecto para pavimentar as rúas da Gándara, Pedrouzo e a zona da Torre. Gustaríanos facer máis e ese será o noso obxectivo. Quero agradecer a labor destes obreiros que están a facer as cunetas. É o seu traballo e estano a facer moi eficientemente. Foi un duro verán para un grupo reducido de obreiros municipais que estaban para todo (desbrozar camiños, limpar praias, montar palcos, asar, limpar despois das festas, subsanar atascos, e moito máis). Por iso ver como seguen a traballar ca mesma ansia agora nos inicios do inverno fai que este grupo municipal socialista se sinta agradecido e orgulloso.
Presentamos o programa Co-Emprende deseñado polo Concello de Camariñas
07 Novembro 2014Hoxe presentamos as primeiras sesións do programa co-emprende deseñado polo Concello de Camariñas e financiado por pola Deputación da Coruña. O obxectivo do programa é motivar e formar nos valores da cooperación e do emprendemento ao alumnado do IES Pedra da Aguia e do CEIP do Areal. Un técnico Ugacota, Unión de Cooperativas de Galicia, entidade contratada para desenvolver as sesións, transmitiu mediante a fábula da rá e do escorpión a necesidade de romper coa idea de que é mellor que todos perdamos a que os demais gañen algo e cambialo pola de que cooperando todos gañamos. Reforzou esta idea con exemplos de cooperación na natureza, na música e na sociedade. As sesións serán todos os mércores de novembro ás 10:25 no CEIP do Areal e as 12:30 no IES Pedra da Aguia
Grupo de Encontro e Debate no IES Pedra da Águia da Ponte do Porto
01 Novembro 2014O pasado luns, dia 27 de outubro, comezou o " Grupo de encontro e debate" no IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto. Esta actividade que comezou hai seis anos, e só se interrompeu o curso pasado por falta de asistentes,ten por obxectivo crear un espazo de dialogo e aprendizaxe mutuo. Trátase de xuntar nais, pais , mestres, mestras e diversos técnicos e falar sobre temas que preocupan na educación das nosas fillas e fillos. As xuntanzas vanse celebrar unha vez ao mes, os luns a partires das 16:30.