Sandra Ínsua Rial

Sandra Ínsua Rial

O pasado sábado 24, no Náutico de Camariñas, como xa e tradición tódolos anos, foi a presentación do Club Balonmán Conservas Boya, un ano máis, pero esta vez co equipo en primeira división, unha honra sen dubida para todos os camariñáns, e para min moi especialmente, pois despois de moitos anos de traballo conseguimos coa unión e esforzo de todos, ser un referente nacional en balonmán.

 

O Concello de Camariñas segue apostando pola promoción da aplicación do Encaixe de Camariñas na moda e cada vez son máis os deseñadores que apostan pola aplicación do Encaixe de Camariñas nas súas coleccións non só nos desfiles senón tamén á hora de comercializar. Como exemplo de comercializar podemos mencionar á deseñadora asturiana Ana Cabranes que realizou, este verán, o estilismo para a voda de Fran Palacio, regatista do Barcelona World Race. Nas pasarelas nacionais o Encaixe de Camariñas xa é un habitual grazas a reputados deseñadores como Modesto Lomba, Franco Quintáns, Model Noivas, e nesta última edición de Cibeles Madrid Fashion Week, no Espazo Concept da man do deseñador coruñés Jose Matteos.
Outro compromiso electoral cumprido polo Grupo de Goberno do Concello de Camariñas no cal está o frente noso Alcalde Pichurri, e o Tanatorio da Ponte do Porto pronto será unha realidade.
Este sábado día 26 de marzo no Pavillón Municipal de Ponte do Porto terá lugar o campionato intercomarcal de bádminton, tanto en individuais como por equipos.
A Fundación Lonxanet, a Fundación ICO e Recopades están a realizar no IESP Pedra da Aguia un proxecto educativo que buscará establecer a relación entre a educación ambiental e a sustentabilidade local, poñendo en evidencia a necesidade de desenvolver procesos de Xestión que involucren estes dous compoñentes.
O Concello de Camariñas en colaboración co AMPA do CEIP da Ponte, os Voluntarios da Fundación Man de Camelle e a Asociación Abrindo o Rejo de Xaviña, prepara un Entroido con unha chea de actividades en todas as parroquias.
Pichurri, acompañado polas Concelleiras Sandra Ínsua e Mari Carmen Linares, e polas persoas que participan na actividade física para maiores de 65 anos, inauguraron o  Parque Biosaudable que se ven de instalar na Area da Vila hai uns días.
O Concello de Camariñas, seguindo a súa política de fomentar o deporte dende a súa ensiñanza ata a práctica ven de organizar un curso de monitores de Pilates Suelo.
Sen dubida, unha das actividades deportivas que goza de máis éxito e de máis participación entre os nosos nenos e nenas e a de judo que organiza o Concello de Camariñas dende hai anos.
Camariñas é Deporte, Camarinas é Cultura e Camariñas é educación. No Centro de Iniciativas Empresarias, Maria José Pasantes e Silvia Tedin atenden todos os dias 71 alumnos que estan intentando quitar o graduado en ESO, e o Bacharalato
Páxina 4 de 5