Sandra Ínsua Rial

Sandra Ínsua Rial

Fai un ano xa daquela vitoria electoral, tan loitada, pero tan gratificante, onde gañou a verdade, a lealdade aos veciños por riba de todo. Canseime de asegurar por toda a Ponte do Porto que o campo de fútbol era unha realidade, outros o único que facían era enganar, enganar, e enganar, e repetir que non había nada firmado: “Diputación non vai poñer nin un duro máis para campos de fútbol”, aseguraban en bares, mitins e actos públicos. Pero o final nun pobo tan pequeno coñecémonos todos, e aínda que eran momentos difíciles de crise mundial os ideais de toda unha parroquia, socialista de toda a vida,  aguantaba como un referente de toda a Costa da Morte e incluso de todo o país.
Seguindo coa promoción e difusión do Encaixe de Camariñas por toda a xeografía española, unha delegación de quince palilleiras de Camariñas, viaxaron ata Burela ó VI Encontro de palilleiras, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras “As Encaixeiras”.

Previamente o mércores día 9 de maio, na semana das actividades vinculadas ao mar, María Dolores Lema Mouzo, acompañada de Sandra Insúa Rial,Concelleira de Encaixe Comunicación e Turismo, ofreceu unha conferencia sobre os orixes, promoción e comercialización do Encaixe de Camariñas. Dita conferencia foi exposta no salón de plenos do Concello de Burela o cal estaba repleto de público, na súa maioría feminino, e foi todo un éxito sobre todo polo gran interese que mostraron os asistentes.

 

A Concellería do Encaixe de Camariñas, Turismo e Comunicación segue a traballar na promoción do Encaixe de Camariñas por toda a xeografía española. En este caso a promoción do Encaixe de Camariñas foi na Comunidade Catalá.

 


Esta pasada fin de semana, dende o venres, día 27 ao domingo día 30 de abril, unha delegación de encaixeiras de Camariñas formada por Beatriz Liñeiro, palilleira da Asociación Rendas e Beatriz Dios, profesora de palillo, estivo presente en Arenis de Mar coincidindo coa 25 Diada de Puntaires.

Ambas palilleiras coinciden que a promoción-venta do Encaixe de Camariñas así como a promoción turística do Concello foi todo un éxito.

O Encaixe de Camariñas aplicado na moda, tamén estará presente en Barcelona da man do deseñador Franco Quintáns o cal presentará a súa nova colección coincidindo con Gaudí Novias

 

A XXII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas comezará hoxe a partires das 15:00 cando abra as súas portas ao público, aínda que o acto oficial de inauguración está previsto para as 17:00 horas.
O artista galego Antón Sobral participará na mesa redonda que se realizará na xuntanza do voluntariado galego o vindeiro 5 de abril na Mostra do Encaixe de Camariñas. Unha nova edición da feira que estará dedicada á Marea Branca, con motivo do décimo aniversario do afundimento do Prestige.

Unha empresa galega podería presentar o produto na Zona de Ocio e degustación gastronómica da Mostra Camariñas 24 de marzo de 2012:

Unha das grandes novidades da XXII Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará do 4 ó 8 de abril será a Zona de Ocio destinada a degustación gastronómica e obradoiros infantís. Un espazo que contará con preto de 255 m² onde se poderá degustar distintos tipos de pan e derivados, filloas, embutidos nacionais e de porco celta. Tamén haberá licores e un espazo para a repostería onde se poderá atopar dende ‘torta de Santiago’  ata biscoitos con forma de Encaixe de Camariñas.
Rusia, Suiza e Brasil darán a coñecer por primeira vez o seu traballo na Capital do Encaixe. A XXII Mostra do Encaixe de Camariñas que se celebrará do 4 ó 8 de abril contará coa presenza de 14 delegacións internacionais chegadas dende puntos tan dispares como Rusia ou Brasil. A concelleira delegada da Mostra, Sandra Insua refírese ao “Encontro Internacional do Encaixe” por ser un espazo no que se dan cita artesáns e institucións de diversas partes do mundo que traballan para por en valor unha artesanía tan antiga como o é o encaixe de ‘bolillos’.
Dende a Concellería de Encaixe, Turismo e Comunicación traballamos arreo para conseguir que a Festa da Falilleira séa un éxito, e así esta sendo a dia de hoxe con 550 palilleiras anotadas, e porqué quixemos cerrar o cup; palilleiras que veñen de todos os puntos de España: Murcia, Toledo, Pais Vasco, Madrid etc…  sen dubida, un atractivo para a nosa vila, Capital do Encaixe, por excelencia, e ademais outra maneira para dar a coñecer a Mostra de Encaixe.
O Concello de Camariñas a través da XXII Mostra do Encaixe de Camariñas convoca o  XIX Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, que se celebrará durante a “XXII Mostra do Encaixe de Camariñas”, do 4 ao 8 de abril de 2012.
Hoxe e un gran día, por fin se inician as obras no campo de A Grixa en Ponte do Porto, sen dubida vai ser un soño cumprido pois, despois de case un ano dende que a Deputación de Salvador Fernández Moreda o aprobara, e tras multitude de correccións no proxecto e multitude de trámites administrativos, onde os políticos nada podemos facer para obvialos, iniciase unha das obras máis desexadas por todos os meus veciñ@s da Ponte.

 

Páxina 3 de 5