Sandra Ínsua Rial

Sandra Ínsua Rial

AGORA QUE SE ESTA REMATANDO O MES DE AGOSTO,  A FALTA DA CELEBRACIÓN DAS FESTAS DE XAVIÑA E AS DE SAN BARTOLO EN AROU, CONSIDERAMOS DENDE O CONCELLO QUE É O MOMENTO  DE FACER UN RECOÑECEMENTO A LABOR DOS TRABALLADORES DO CONCELLO.
O prestixioso deseñador Modesto Lomba, da firma Devota & Lomba, presentará mañá na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) a edición número vinte e catro da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará entre os días 16 e 20 de abril, coincidindo coa Semana Santa, a cal congrega miles de persoas. A presentación será ás cinco da tarde no posto da Costa dá Morte, da asociación Neria. Tamén asistirá o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, e dúas palilleiras da localidade realizaranse demostracións en vivo sobre a elaboración do encaixe, que conta cun gran prestixio en toda Europa.
O Servizo de Cultura do Concello de Camariñas iniciou o 2014 cunha nova actividade que está causando gran aceptación entre as veciñas desta localidade.Trátase das clases de batuka e zumba. Ata agora, 150 persoas, mediante preinscrición, mostraron o seu interese en participar nestas disciplinas que combinan o exercicio físico coa música. Unha vez iniciada a actividade sigue apuntándose xente de tódalas idades.  As clases comezaron o día 15 de xaneiro e prolongaranse ata o mes de maio. Realízanse en tódalas parroquias do concello atendendo aos seguintes horarios de mañá e tarde:
A organización do XXI Concurso de Noveis Deseñadores da XXIV Mostra do Encaixe de  Camariñas agradece a tódolos deseñadores participantes neste concurso, así como aos/ás directores/as das escolas de deseño de moda que ano tras ano incentivan aos seus alumnos a participar no concurso; entre as cales queremos mencionar: EASD Mestre Mateo, Goymar Vigo, CIFP Manuel Antonio, Academia Pin Factory, Susa Suárez de Santiago, Academia María Lariño, Centro Liper de León, Academia Isa de Madrid, EASD Valencia, Escuela Superior Región Murcía, Escuela Guerrero, ESDIR de la Rioja, Centro de Formación Logo’s, IES Sivera Font de Canals, AEG Ikastetxea, Escola de Moda do Porto e Cenatex de Guimaraes.
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño contou có Encaixe de Camariñas para expoñer e mostrar a arte do encaixe no Mercado das Industrias Culturais Atlánticas, MICATLANTICA, que se celebrará no Museo do Centro Gaiás da Cidade da Cultura, do 23 ao 26 de novembro de 2013.
Información sobre os encontros de palilleiras e cursos previstos para a XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará coma sempre en Semana Santa. Esta edición será a semana do 16 ao 20 de abril de 2014.
O Concello de Camariñas mediante a Consellería de Cultura, Educación e Encaixe sigue a promover o Encaixe de Camariñas asistindo a encontros de encaixeiras.  Mañá, sábado día 5 de outubro, participarase no IV Encontro de Palilleiras de Xove  con encaixeiras pertencentes a Asociación Profesional Rendas e a Asociación de Amas de Casa, ámbalas dúas de Camariñas.
Dende o 1 de xullo, estase realizando no Museo do Encaixe, un curso de encaixe impartido por a prestixiosa profesora Mariña Regueiro, este curso naceu grazas a un convenio de colaboración entre o Concello de Camariñas e dita profesora.
A Corporación do Concello decicidio presentar a solicitude dun obradoiro de emprego, a sabiendas, do trato que iamos recibir pola Xunta de Galicia por eso traballamos duro para en conxunto con Vimianzo e Zas solicitar un obradoiro que cumplira con todos os requisitos da convocatoria para que  asi non o puderan rexeitar. Camariñas era a sede dunha das especialidades,v inculada o sector emerxente de turismo. Donde cumplíamos todos os requisitos ( unión de varios concellos, entre os tres maior numero de parados da Costa da Morte…).

 

O pasado domingo os galegos e galegas apoiaron por maioria absoluta as políticas que viña facendo o Sr. Nuñez Feijoo, o pobo e soberano, e sin duda, a sua decisión democrática de apoiar a política de dereitas e unha tendencia en Galicia dende a dictadura solo truncada por dous anos de Gonzalez Laxe e catro de Touriño. Dende o partido socialista, queremos dar a noraboa ó candidato do Partido Popular de Galicia Núñez Feijoo polo resultado obtido. Tamén queremos animar a todos os nosos votantes, que asi como o pobo galego apoia, dende fai anos as suas políticas  OS CAMARIÑANS, VEÑEN APOIANDO NOS ULTIMOS TRINTA ANOS AS POLITICAS LEVADAS A CABO NO NOSO CONCELLO POLOS DISTINTOS GOBERNOS SOCIALISTAS, ASI  QUE SI O POBO E SOBERANO PARA UNS TAMÉN E SOBERANO PARA OUTROS E FAI AINDA ESCASAMENTE ANO E MEDIO CAMARIÑAS DECIDIU DEMOCRATICAMENTE APOIAR A POLITICA SOCIALISTA REALIZADA NO NOSO CONCELLO. Dende o Partido queremos agradecer a todos os cidadans o apoio prestado e a todos os que traballaron e colaboraron na campaña, a TODOS MOITAS GRACIAS. ANIMO COMPAÑEIROS, CAMARIÑAS SIGUE SENDO SOCIALISTA ATA MAIO DO 2015 (E DE AHÍ PARA ADIANTE) DONDE O POBO VOLTARA A DECIDIR.
Páxina 2 de 5