Camariñas a través da Mostra do Encaixe participará na Feira Termatalia que se celebrará desde este xoves, 24 ao domingo 27 de setembro.Para mostrar Camariñas aos 39 países e 279 expositores que estarán en Termatalia estamos a montar a Exposición do 25 Aniversario da Mostra e un stand. Neste espazo mostrarase unha selección de moda pret porter de 8 deseñadores: José Castro, Cristóbal Vidal, Ana Cabranes, Franco Quintáns, Charo Carrillo, Oky Coky, Ángela Aguerri e Alberto Neves, tocados de Chic Marelli e Janet Schulz, con pezas exclusivas de enxoval doméstico e complementos de moda realizadas pola Asociación Profesional Rendas e diverso material informativo.