O Concello de Camariñas abriu o prazo para a presentación de solicitudes de préstamo de cama ortopédica para os veciños que teñan recoñecida unha dependencia de grado III ou II e non se beneficien de ningún servizo ou axuda para persoas dependentes.

Os recortes e o Lorcho

25 Outubro 2011
Publicado en Opinión
Moi boas teñades todos e todas, meus. Levo uns días de relaxo porque o temporal non me deixou sacar a cabeza da miña ferga porque, creádelo ou non, había un tombos criminais na poza do Muelle Novo. Unha baga de mar que poñía medo. Pero din os do parte do tempo que disque ven de camiño outra aínda peor. Agora si que chegou o inverno así que hai que poñerse o abrigo e descansar.