OS SOCIALISTAS LEVAN AO PARLAMENTO A SUSPENSIÓN TEMPORAL DA VISITA MENSUAL DA RESONANCIA MÓBIL AO VIRXE DA XUNQUEIRA
16 Marzo 2016Adeputada socialista Marisol Soneira preguntaralle ao goberno galego, na Comisión de Sanidade que se celebra no Parlamento mañá xoves a partir das 10,30 h. pola supresión durante tres meses -entre agosto en novembro de 2015- da visita mensual do servizo de resonancia móbil que acude ao Hospital Virxe da Xunqueira.
A Coordinadora Comarcal do PSdeG-PSOE fainos chegar unha nota que reproducimos literalmente:
A Coordinadora Comarcal da Costa Atlántica (Costa da Morte), reunida na sede da agrupación municipal de Cee no día de hoxe, 15 de marzo de 2016, e logo de amplo e sosegado debate, MANIFESTA a súa profunda preocupación pola situación na que se atopa o PSdeG-PSOE que se concreta, entre outras,
a) Pola carencia dun proxecto político definido e recoñecible polos galegos e as galegas.
b) Pola carencia de obxectivos políticos e estratéxicos identificables e compartidos polo conxunto do Partido, que permita a presencia do PSdeG nos foros de debate e na creación de opinión pública.
c) Pola carencia de candidato/a á presidencia da Xunta de Galicia nun período en que poden ser convocadas as eleccións autonómicas en calquera momento.
d) Pola situación extremadamente vulnerable dos máximos órganos do Partido diante da situación xudicial en que se atopa o Secretario Xeral, que condiciona negativamente ao conxunto da organización.
e) Pola evolución do apoio e confianza dos electores que ten reducido ao PSdeG-PSOE á condición de terceira forza nas últimas eleccións xerais.
Diante desta situación, a Coordinadora da Costa Atlántica (Costa de Morte), consideramos que é urxente mudar o rumbo e tomar medidas con carácter de urxencia. Por iso ACORDAMOS, por unanimidade, e coa única intención de preservar un PSdeG-PSOE forte e útil para Galicia que faga posible o cambio político nas próximas eleccións autonómicas:
1.- Instar ao Sº Xeral, José Ramón Gómez Besteiro, a convocar inmediatamente o Congreso Nacional para dotar ao PSdeG-PSOE dunha nova dirección que acometa a tarefa urxente de dotar á organización dun proxecto político novo e recoñecible pola cidadanía, co que concorrer as eleccións autonómicas próximas, e convoque o proceso de primarias para elixir ao candidato ou candidata á presidencia da Xunta de Galicia que o encabece.
2.- Enviar este acordo aos Secretarios Xerais Provincial, Nacional e Federal para o seu coñecemento e adopción das medias ao respecto.
4.- Facer pública a nosa posición para xeral coñecemento da militancia e da opinión pública en xeral.
Este vindeiro Domingo terá lugar a V Carreira Pedestre do Concello de Camariñas,incluida no Circuito Costa da Morte 2016.
11 Marzo 2016A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Canosa Campaña, mais coñecido por "Campaña" organiza unha nova edición da carreira pedestre, a quinta xa, no noso concello que está integrada no circuito desta modalidade deportiva Costa da Morte.
OS SOCIALISTAS CONSIDERAN UNHA “FELONÍA” QUE A XUNTA DEFENDA A SUPRESIÓN DA BASE DE SALVAMENTO DE CEE POLAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS
08 Marzo 2016Marisol Soneira lémbralle ao goberno galego que “a súa obriga política, legal e moral é defender os intereses dos galegos e galegas por enriba dos dunha ministra amiga”
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "DESCUBRINDO CAMARIÑAS. CORAZON DE ENCAIXE", NO CENTRO COMERCIAL FINISTERRAE DE CEE
04 Marzo 2016O Concello inaugurou unha exposición no Centro Comercial FinisTerrae de Cee co título “DESCUBRINDO CAMARIÑAS. CORAZÓN DE ENCAIXE”
ACTIVIDADES CONCELLO DE CAMARIÑAS CO GALLO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
03 Marzo 2016O concello de Camariñas, a través da Concellería de Servizos Sociais, fomenta o debate e actividades varias nos colexios do municipio co gallo do 8 de marzo. As datas e lugares serán o Colexio Primaria A Ponte do Porto do 16 e 18 de Marzo e o Colexio Primaria Camariñas o 17 de Marzo.
O Concello de Camariñas publica a convocatoria para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de operarios de limpeza viaria.
O sábado 12, as 7 do serán, inaugurarase por fin o tan ansiado tanatorio da Ponte do Porto. A empresa Ciriaco Gonzalez, S.L. abrirá un velatorio situado na planta baixa da casa rectoral da Ponte do Porto donde se situaba o antiguo despacho parroquial, para moitos veciños conocido pois en ese despacho parroquial tiñamos que pasar para ir buscar un certificado de bautizo, de confirmación ou para arreglar o necesario para a celebrar a nosa boda.
O Concello de Camariñas saca a concurso un praza de axente TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) para xestionar a aula de informática CeMIT que temos no Centro de Iniciativas.