Anuncio de samblea extraordinaria na Casa do Pobo este xoves 4 de xaneiro

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Como sabes, o pasado 17 de decembro a militancia da provincia da Coruña participou nunha xornada de primarias, sendo o compañeiro Valentín González Formoso escollido como novo Secretario Xeral Provincial. A partir de agora ábrese o prazo para escoller as delegacións que asistirán ó Congreso Provincial, que se celebrará o día 13 de xaneiro. Por medio da presente comunícote que o vindeiro xoves día 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, haberá Asamblea Extraordinaria da Agrupación Socialista de Camariñas para tratar os seguintes asuntos:

  Casa do Pobo   510    Read more...
17 de decembro xornada de votación para elixir ao secretario do PSdeG-PSOE na Coruña

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Por medio da presente comunícote que o vindeiro domingo día 17 decembro será a xornada de votación para elixir o próximo Secretario Provincial. De 16:00 a 20.00 horas na nosa Casa do Pobo. Este ano a Agrupación Socialista de Camariñas xoga a lotaría do Nadal co número 46.883. Se aínda non o tes póñete en contacto comigo. Aproveito para desexarte a ti e a túa familia unhas moi Felices Festas. Sen máis, recibe un afectuoso saúdo socialista.

  Casa do Pobo   528    Read more...
Carta de Gonzalo Caballero, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, a todos os militantes

Pasado un mes desde o Congreso Nacional Galego o noso Secretario Xeral Gonzalo Caballero cominícanos mediante a carta que publicamos a continuación, que xa está posta a andar a nova Executiva e listos os novos Estatutos do PsdeG-PSOE. Sen dúbida os novos tempos xa comezaron no noso partido e o importante é poñerse a traballar para que o noso proxecto chegue a sociedade galega.

  Galicia   467    Read more...
Resultado das primarias 2017 do PSdeG-PSOE en Camariñas

Dende a Agrupación Socialista de Camariñas queremos darlle a noraboa a Gonzalo Caballero, novo Secretario Xeral do PSdeG- PSOE, desexarlle moita sorte e acertos nesta nova etapa que se abre no noso partido. Ilusión, dialogo e unión é o que necesitamos para que a cidadanía recupere a confianza en nós como alternativa de goberno. Os e as socialistas demos onte unha lección de democracia interna da que deberían tomar nota moitos outros partidos onde a forma de chegar a liderar un proxecto é a base de dedazo. Agradecemos a xenerosidade de Xaquín Fernández Leiceaga e recoñecemos a valentía e bo…

  Casa do Pobo   1062    Read more...
Este domingo votamos nas primarias do PSdeG-PSOE en Camariñas

Estimado compañeiro, estimada compañeira, o próximo día 8 de outubro, domingo, celébrase no PSdG-PSOE eleccións primarias para elixir Secretario Xeral. O centro de votación da Agrupación Socialista de Camariñas é a nosa Casa do pobo e o horario será de 12 da mañá a 20:00 horas. Aproveito para convocarte a Asemblea Extraordinaria, o xoves 11 de outubro ás 20.00 horas coa seguinte orde do día:

  Casa do Pobo   606    Read more...