Quen somos Máis Camariñas

10 Decembro 2010
Máis Camariñas, un proxecto dos socialistas de Camariñas
Os socialistas de Camariñas somos un grupo de persoas comprometidas co noso pobo que defendemos, ante todo, a democracia e a libertade. Con esta iniciativa de MaisCamarinas.com queremos crear un punto de información xeral e política na cal mostraremos todo o traballo que levamos realizado a prol do noso Concello así como todos os proxectos que temos para próximos anos. Eso si, sempre desde un punto de vista progresista e de esquerdas e cun tono moderado e sen entrar en polémicas absurdas nin insultos.

O grupo Socialista de Camariñas conta con 96 militantes e un centenar de simpatizantes oficiales, xente de todas idades e con diferentes profesions, todas e todos compartimos as nosas ideas progresistas e o desexo de traballar por unha sociedade máis xusta e máis solidaria.

Máis que compañeiros, somos un grupo de amigos que se reunen con frecuencia na nosa sede, sita na Avenida da Coruña nº 4 en Camariñas. A Casa do Pobo ó lugar que pretendendemos que sexa a casa de todos e de todas.

A Executiva local é o organo de impulso político e de xestión da agrupación. Exerce a labor de coordinación da actividade da Agrupación e os seus compoñentes son elexidos democraticamente polos militantes na asamblea.

Na actualidade a executiva da Agrupación Socialista de Camariñas está composta polos seguintes compañeiros e compañeiras:

EXECUTIVA PSDEG-PSOE CAMARIÑAS


Encarna Liñeiro Pouso, Secretaria Xeral
Juan Carlos Canosa Marcote, Vicesecretario Xeral e Secretario de Política Municipal
Germán Camiño Mouzo, Secretario de Organización, Economía e Emprego
Rosa Mª Mouzo Pasantes, Secretaria de Políticas Sociais, Igualdade e Turismo
José Luís Rodríguez Tajes, Secretario de Acción Electoral e Mobilización.
Mª Ángeles Santos Cibrán, Secretaria de Mar e Medio Ambiente.
José Manuel Canosa Campaña, Secretario de Educación, Cultura e Deportes
Tamara Castro Lema, Secretaria de Xuventude