Nov 05
Disque agora vai vir o Salvador da TDT en Camelle, D. Daniel Rego. Disque na Xunta non tiñan noticia do que acontecía no pobo. Disque o repetidor de Camelle o montou o Concello e por iso hai problemas, que non hai en outros que montou a Xunta. Vou explicar o que aconteceu co apagamento dixital. Uns meses antes de marzo, a Xunta reúne os alcaldes dos Concellos e a varios técnicos para coordinar o apagamento dixital. No caso de Camariñas, durante ese tempo, o noso alcalde pasou toda a información das antenas que tiñamos xa instaladas, e as que faría falta instalar.

 

Nov 05
No mes de xullo, as APAS do instituto coñecían que ía haber unha reducción do profesorado no Instituto moi importante (de un 20%) . Dende entón están a pelexar por algo que é totalmente inxusto, sobre todo nun Concello, xa de por si, deficiente na educación, o que avalan as estatísticas (un dos índices mais elevados de analfabetismo de toda Galicia). Inda o día de hoxe, e despois de enviarlles varias cartas, non tivemos resposta formal da Xunta sobre o tema, tan só unha pobre reunión co equipo directivo a semana pasada na que solucións deron moi poucas, por non dicir ningunha. En ningún momento teñen en conta, que hai varios rapaces con problemas tanto físicos como psíquicos, que a lei obriga a ter integrados nos institutos, sen telos en conta a hora de planificar as ratios (o número de alumnos por aula), con o conseguinte efecto negativo tanto para eles como para os seus compañeiros.
Nov 03
O Seguro Colectivo de Accidentes no Mar foi promovido, nos anos noventa, polo Conselleiro Enrique López Veiga e mellorado substancialmente pola Conselleira Carmen Gallego durante o período de Goberno Bipartito.