Xun 13

O próximo sábado, 18 de xuño, no marco incomparable da zona recreativa do Ariño, en Xaviña, os socialistas de Camariñas celebrarán a súa festa anual cunha comida campestre en camaradería e co ambiente distendido de sempre.

Xun 10

Os veciños poden consultar cun arquitecto da oficina redactora do Plan, os xoves, de 10:00 a 14:00 horas nas oficinas do Concello. O Concello de Camariñas quere lembrar a veciños e veciñas involucrados na area que delimitara o Plan Especial de Proteccion e Reforma Interior, que segue aberto o prazo para solicitar información ou realizar alegacións dentro dos dous meses aos que o concello decidíu ofrecer a exposición do plan.

Xun 09

Un equipo da TVG estuvo esta mañá en Camariñas para grabar un programa de “O mellor chiste do ano”, que prepara esta canle para a súa próxima emisión. No programa participaron membros da Asociación de Amas de Casa de Camariñas, que preside Lola Méndez, que exerceron como xurado doutro participante neste concurso. Ademais, un veciño de Camariñas foi seleccionado como concursante ao mellor chiste, que a súa vez, será valorado por outro xurado distinto. Ademais de participar no programa, dende a Asociación de Amas de Casa aproveitaron para promocionar o encaixe de Camariñas e regaláronlle ao presentador do concurso, Paco Toba, unha garabata de encaixe elaborada polas socias da entidade. O presentador lucirá este agasallo durante a emisión do programa na canle autonómica, que de momento, aínda non ten data.