Encarna Liñeiro

Encarna Liñeiro

O eurodiputado e ex-ministro socialista José  Blanco trasladará aos socialistas da Costa da Morte as posibilidades que ofrece a Unión Europea para que os concellos acometan accións e programas innovadores con financiamento europeo. O próximo sábado 24 de outubro, os cargos públicos socialistas da Costa da Morte manterán unha xornada de traballo con José Blanco para informarse das posibilidades que a UE ofrece aos pequenos concellos e aproveitarán para trasladarlle as súas propostas e dúbidas que sobre xurdan sobre o asunto. O acto celebrarase ás 11 da mañá na Casa do Pobo e Mais Camariñas ofrecerá un amplo reportaxe do que aconteza neste interesante encontro co ex-ministro José Blanco.

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Por medio da presente comunícote que o vindeiro venres día 18 de setembro, ás 21.:00 horas, haberá asamblea ordinaria da Agrupación Socialista de Camariñas para tratar os seguintes asuntos:

Despois de uns meses de intenso  traballo na campaña electoral,  a nosa Agrupación decidiu celebrar unha vez máis a tan desexada polos nosos militantes e simpatizantes,  Festa Socialista do Ariño. Aínda que no noso concello son moitos os momentos de carácter festivo e cultural que se disfrutan o largo do verán, esta é sen dubida unha celebración moi especial entre os nosos compañeiros e compañeiras.

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Por medio da presente comunícote que o vindeiro sábado día 11 de xullo, ás 20.:00 horas, haberá asamblea ordinaria da Agrupación Socialista de Camariñas para tratar os seguintes asuntos:

O Partido Socialista de Camariñas celebra hoxe venres 15 de maio un dos seus principales actos de campaña con un mitin no Centro Cultural de A Ponte do Porto a partir das 21:00 horas. Os candidatos estarán acompañados pola Secretria Xeral dos Socialistas de Camariñas e por Pilar Cancela, Secretaria do Organización do PSdG – PSOE. A Ponte do Porto é moi importante para nos por ser a parroquia de Sandra Insua Rial que leva 12 anos de Tenente Alcalde e por ser, como todo o mundo sabe, a vila onde naceu e se criou o noso alcalde Pichurri. Ademáis é unha parroquia que nunca nos falla nas urnas. Animamos a todos os veciños a asistir a este mitin festa do PSdeG PSOE.

O Partido Socialista de Camariñas ten xa como tradición comezar a campaña electoral co mitin de Arou.  Alguns supersticiosos din que nos da suerte e nos encantados de dar o pistoletazo de saída nunha parroquia que aparte de fermosa e chega de boas persoas nunca nos falla nas urnas.

Estimado compañeiro, estimada compañeira. O próximo venres día 1 de maio celebraremos na Casa do Pobo de Camariñas a xa tradicional comida para festexar o Día Internacional dos Traballadores. Ademais de militantes poden acompañarnos simpatizantes e amigos. Hai que confirmar asistencia antes do 30 de abril. Sen máis, esperando verte na celebración, recibe un afectuoso saúdo socialista.

 

Boas tardes. Gracias a todos e a todas por acompañarnos no acto de presentación da candidatura dos socialistas de camariñas.  Veciños e veciñas, compañeiros da comarca, Salvador, Fran, gracias por estar con nos. Fran, espero que o teu sexa unha parada para coller impulso por que os Socialistas de Galicia non podemos permitirnos o luxo de prescindir de alguén da túa valía.

A Executiva da Agrupación  Socialista de Camariñas desexavos unhas Felices Festas, prosperidade e que este vindeiro ano 2015 ninguén nos quite os nosos dereitos e libertades. O día de noiteboa pola tarde a nosa Casa do Pobo estará aberta para brindar cos compañeiros e compañeiras que queiran acercarse, faremolo sobre as 6 e media. Amigos e amigas Bo Nadal e saudos socialistas!

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Por medio da presente comunícote que o vindeiro domingo día 30 de novembro, ás 12.:00 horas, haberá asamblea extrordinaria da Agrupación Socialista de Camariñas para tratar os seguintes asuntos:

Páxina 2 de 5