Juan Carlos Canosa

Juan Carlos Canosa

O concello de Camariñas continúa coa súa política de humanización do rueiro do Muíño do Vento. Agora tócalle as rúas Sotavento e a Travesía do Muíño do Vento.

A Rúa Fornelle de Camelle experimentou unha substancial mellora coa derradeira e importantísima actuación que levou a cabo o Concello de Camariñas. Trátase de unha das rúas máis transitadas de Camelle xa que é parte do nexo de unión entre as vilas de Camelle e Arou polo que soporta diariamente gran intensidade de tráfico. Estamos a falar dunha vía extremadamente estreita en varios puntos que grazas a colaboración desinteresada dos veciños que cederon voluntariamente os seus terreos ó concello  pasou a ser unha calle xa con unhas dimensións que permite o tráfico de vehículos con total seguridade.

O Concello de Camariñas ven de acometer unhas impresionantes melloras no pavillón municipal, concretamente no pista de atrás do pavillón.Estas melloras teñen por finalidade dotar o espazo das melloras técnicas que faciliten a práctica deportiva dos nenos e nenas do colexio do Areal e dos cidadáns en xeral, e aportar solucións técnicas que permitan ao concello mellorar as condicións da Mostra do Encaixe xa que este recinto deportivo é unha parte fundamental da feira internacional do Encaixe de Camariñas.

Fai varios meses o Concello de Camariñas está levando a cabo o traballo de acondicionamento dos parques infantís. O acondicionamento vaise levar a cabo en dúas fases, na primeira fase, xa rematada, procedíase a acondicionar os chans, para elo, realizouse a limpeza e cribado da area, estes traballos foron realizados nos parques infantís de Xaviña, Arou, e no que está no porto de Camelle. Ademais nos próximos días procederase a reparar e acondicionar e dotar de novos xogos  estes parques, tal como se fixo xa no parque próximo o colexio de Camelle onde se repararon e pintaron tanto os xogos como o valado. Así mesmo, tense redactado e presentado un proxecto para dotar de novos pavimentos os parques infantís de Camariñas, Ponte do Porto e o do colexio de Camelle.  Váiselles colocar un novo pavimento que será de caucho continuo. O proxecto ten un orzamento de 58.384,27 euros, e en canto sexa aprobado, procederase a súa licitación e adxudicación.

O Concello de Camariñas está a levar a cabo un novo proxecto de eficiencia enerxética do alumeado público no que se acadará un aforro do consumo de enerxía eléctrica do 70%. Vanse instalar unhas novas luminarias de Led de 30 vatios de potencia e cunha vida útil de 50.000 horas. Esta nova rede de alumeado do concello non só aforrará en enerxía se non que as calles estarán moito máis alumeadas debido a estes leds de alto rendimento.

O pasado sábado abríase ao tráfico a Rúa Principal de Arou. As obras desta rúa de Arou tiveron un orzamento de 82.467,52 Euros. Esta importante vía da vila sufríu un cambio radical na que se fixeron as seguintes melloras:

O Concello de Camariñas procedio a limpeza da senda Peonil que descorre pola beiramar de Arou onde se poden contemplar unha das paisaxes máis belas da nosa costa. Procedíose a limpeza da gran cantidade de herva que, por mor das abundantes chuvias deste mes de novembro, cubría o paseo. Tamén se actuou neste enclave de Arou recheando de zahorra nos lugares máis necesitados así como a súa compactación para que resulte esta moito máis duradeira. Arou luce máis bonito si cabe con esta obra pequena e a próxima inauguración da importante obra de mellora da Rúa Principal.

Xa fai tempo que en maiscamarinas.com publicamos varios artigos avisando sobre a importante suba de impostos que traería consigo a nova Lei de Augas feita pola Xunta de Galicia gobernada polo PP. Nesta nova ocasión vamos a explicar aos veciños hacia onde van a parar os cartos que se pagan no recibo da auga. O recibo que ilustra o exemplo é o correspondente ao dunha vivenda de Camariñas na que viven 3 persoas. Podemos ver que o consumo de auga é de 208 m3, o que lle supón que ten que pagar o Concello de Camariñas 88,80 Euros.
Por fin Costas comezou a retirar as pedras da praia de Arou, esperemos que nunha semana estean os traballos rematados. Houbo que esperar ata mediados do mes de xuño para que Costas empezara a limpeza das pedras da fermosa praia de Arou.
Mentras o Presidente da Xunta de Galicia, esto é de tódolos galegos e galegas desprecia e humilla a todolos veciños dun concello como o de Camariñas e a toda a Costa da Morte dende os socialistas de Camariñas seguimos a traballar en favor da nosa terra e a prol de conservar o patrimonio de todos os nosos concidadáns. Así este sábado 25 de xaneiro a Asociación SOS-Monuments (www.sos-monuments.org), que ten como finalidade a defensa e protección do patrimonio, entre a súas actividades, outorgou un recoñecemento á Fundación Man de Camelle pola súa laboura na conservación do legado do Alemán de Camelle. Esta asociación conta coa concesión anual duns recoñecementos simbólicos que denominan “Admiraciones”.  Estas “Admiraciones” son concedidas pola labor destacada na conservación do patrimonio, (Admiración Positiva), ou ben a mala defensa do patrimonio, (Admiración negativa).
Páxina 1 de 2