O sábado 12, as 7 do serán, inaugurarase por fin o tan ansiado tanatorio da Ponte do Porto. A empresa Ciriaco Gonzalez, S.L. abrirá un  velatorio situado na planta baixa da casa rectoral da Ponte do Porto donde se situaba o antiguo despacho parroquial, para moitos veciños conocido pois en ese despacho parroquial tiñamos que pasar para ir buscar un certificado de bautizo, de confirmación ou para arreglar o necesario para a celebrar a nosa boda.

A xustiza volve a darlle a razón ao Concello de Camariñas nun auto dictado polo Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 3 da Coruña que ven de desestimar o recurso presentado pola sociedade “Gestión Pombo Vázquez, S.L” contra o Concello o cal lle pedía unha indemnización de 167.412,28 euros por supostamente “haberse frustrado la ejecución de una Tanatorio” que, de ceder o concello ante esta pretensión, costaríalle ós cidadáns esa mostruosa cantidade co seguro regocixo da ultradereita camariñana.
O auto denominado Comité Local do PP de Camariñas, reunidos ao redor da chocolateira, seguen a maquinar cruzadas. O argumento sempre é o mesmo: todos son malos menos nos. Nesta fuxida cara a irrealidade e cara os mundos paralelos onde viven sérvelles calquera asunto: os montes da Vela, o Plan Xeral, os concelleiros do PP, o portavoz do PP, o alcalde,os concelleiros socialistas e todo aquel que se lle pon por diante a súas moitas obsesións.
Outro compromiso electoral cumprido polo Grupo de Goberno do Concello de Camariñas no cal está o frente noso Alcalde Pichurri, e o Tanatorio da Ponte do Porto pronto será unha realidade.