O Concello de Camariñas, en colaboración con Amigos da Terra, organizaron dous cursos de iniciación a poda para todas aquelas persoas interesadas.

Cada vez son mais as familias camariñás que se suma ao programa de compostaxe doméstico promovido pola concellería de medio ambiente que dirixe Sergio Caamaño, asesorado pola asociación ambientalista Amigos da Terra.  Todo un éxito que está a sementar de composteiros ( mais de 100 actualmente) as terrazas e os xardíns de moitas casas do concello de Camariñas que transforman en excelente fertilizante biolóxico moitas toneladas de  residuos domésticos que, de outro xeito, suporían custes económicos e medioambientais para a facenda municipal e para tódolos habitantes do noso concello.

Amigos da Terra colabora co Concello de Camariñas na posta en marcha do programa Fogares Verdes, unha campaña de educación e sensibilización ambiental fronte o Cambio Climático, baseada na redución do consumo de enerxía, auga e transporte a nivel doméstico a través de pequenos xestos diarios.

Estes derradeiros días os veciños de Camariñas viron como varias zonas de contenedores que non eran moi agradables á vista foron recubertos por unha estructura de madeira decorada con fotografías turísticas da nosa localidade como fotos do Faro Vilán, de Reira, da obra de Man de Camelle, etc... De momento colocáronse tres destas estructuras no casco urbano da capital municipal aínda que o Concello de Camariñas prevé ir colocando máis destes orixinais tapacontedores no resto das parroquias de todo o concello. Dende os socialistas de Camariñas esperamos que esta iniciativa sexa do agrado de tódolos cidadáns e deixamos o noso formulario de contacto para calqueira suxerencia.

Grazas a que o Grupo Municipal Socialista aprobou no seu día o PXOM (lembrar que o PP abstívose), instalacións como a que pretende levar a cabo Gas Natural no Cabo Vilán, NON SON POSIBLES, xa que o PXOM dotou a este paraxe da máxima protección medioambiental. O sábado 7 enterámonos polo diario El País dunha noticia que non deixaba a ninguén indiferente, a Xunta do PP aprobaba unha resolución na que dicía que NON ERA NECESARIO SOMETER, O PROXECTO DE UNHA INSTALACIÓN CON LÍQUIDOS TÓXICOS, A AVALIACIÓN DO IMPACTO AMBIENTAL no espazo protexido de cabo Vilán.  Para evitar as confusións o mellor que hai é dar toda a información. No arquivo adxunto tes a resolución da Xunta de Galicia con respecto a avaliación ambiental do proxecto.
 Con respecto ás declaracións que apareceron hoxe nun medio de comunicación nas  que se asegura "El Concello de Camariñas apoya las baterías de Fenosa en Vilán" temos que dicir que esta mesma mañá o alcalde Pichurri xunto con representantes do grupo de goberno se puxeron en contacto con este medio de comunicación para que que rectificara ditas palabras que nunca foron pronunciadas por Pichurri.