A deputada socialista Marisol Soneira presentou hoxe as emendas que o seu grupo parlamentario acaba de rexistrar para tentar corrixir os orzamentos da Xunta de Galicia para o próximo ano. As emendas foron propostas polos socialistas da Costa da Morte e abranguen dende actuacións puntuais nos distintos concellos, ate proxectos e iniciativas de ámbito comarcal.

Diante do lamentable episodio que aconteceu fai uns días no Parlamento de Galicia, a conta do saneamento integral da parroquia de Xaviña, a Agrupación Socialista de Camariñas quere manifestar o seguinte:

Onte debateuse unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia, da deputada e vicepresidenta 2ª, a camariñana Marisol Soneira, na que en síntese pedíase apoio para o saneamento integral de Xaviña e a conexión deste coa estación depuradora de augas residuais de Dor-Ponte do Porto.

“Para o inimigo, nin auga saneada”. Así resumiu a deputada Marisol Soneira a situación do saneamento das augas residuais no Concello de Camariñas, nomeadamente as da parroquia de Xaviña, con 800 veciños que non teñen “ningún tipo de saneamento” malia pagar os mesmos canons que o resto do Concello.

Esta iniciativa será defendida pola deputada camariñana, e vicepresidenta 2ª do Parlamento, Marisol Soneira e, a través da  mesma preténdese que a Xunta de Galicia peche o ciclo completo do saneamento municipal nun concello onde a facenda galega recada cuantiosos tributos, a través do recibo da auga, para financiar inciativas deste tipo.

A deputada socialista Marisol Soneira denunciou hoxe que a Costa da Morte “non existe” nos Orzamentos da Xunta para 2016. Explica que “agás os compromisos plurianuais da media – autovía, practicamente non hai investimentos nominativos en infraestruturas ou servizos específicos para o territorio”.

E seguimos dicindo que, para o Concello de Camariñas sempre lle foi mellor con Gobernos Socialistas.

 


Continuamos amosando a xestión feita por o Goberno Socialista na Xunta de Galicia e  vamos a ir hoxe a Xaviña, o goberno de Touriño sendo Conselleiro de Medio Ambiente Pachi Vázquez licitou e construíu a SENDA DE PRADO, unha obra con un orzamento de 183.000,00 euros.

Unha obra que aumentou a seguridade vial para os veciños de este lugar da parroquia Xaviñana.

Mentres gobernos socialistas invisten, o goberno do PP eliminou dos orzamentos a partida destinada para o saneamento da parroquia de Xaviña.

Si o día 21 temos a confianza dos galegos, Xaviña terá o seu saneamento e así o Concello de Camariñas estará saneado o 100%

 

A Xunta do PP coa complicidade do PP de Camariñas, rexeitou a enmenda os orzamentos 2011 feita por Marisol Soneira, para que se dotara a Xaviña dun saneamento integral, como tiña xa comprometido a Xunta.
OS SOCIALISTAS DE GALICIA PRESENTAN UNHA EMENDA OS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA 2011, DEMANDANDO O SANEAMENTO INTEGRAL DA PARROQUIA DE XAVIÑA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS.