O Concello de Camariñas promocionará o seu encaixe na Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) que se celebrará en Silleda (Pontevedra) durante a próxima semana entre os días 9 e 11 de xuño. Ademais da representación institucional, acudirán ao certamen as dúas Asociacións de palilleiras de Camariñas: as veteranas Rendas e a Asociación de Palilleiras As Puntillas, unha entidade de recente creación, que nestes momentos atópase inmersa na captación de socios.

O Día Mundial da Fibromialxia foi celebrado por primeira vez en Camariñas este 12 de maio de 2016. Foron varias as mulleres de Camariñas que, xunto a concelleira de servizos sociais Sandra Ínsua, se deron cita na Praza do Concello e que participaron no acto pintando un mural da artista mexicana Frida Kahlo, que simbolizaba a dor que sufren as persoas afectadas por esta doenza. Unha boa iniciativa para lembrar que a sanidade non debe ser obxeto dos continuos recortes cos cales os gobernos do PP castigan sen piedade os cidadáns. Unha boa iniciativa que se repetirá de seguro.

Os escolares de 6º de primaria do CEIP O AREAL, E O CEIP PONTE DO PORTO, en total 40 nenos, visitarán mañán luns, dia 30 de Novembro, as instalacións e Talleres da Asociación Integro, en Nanton. Acompañarán aos escolares, ademáis dos seus respectivos titores, a Asistente Social do Concello de Camariñas, asi como a Concelleira de Asuntos Sociais, Sandra Insua, que quere conocer da sua propia man o funcionamento deste centro de personas con diversidade funcional.

O departamento de Servicios Sociais, que dirixe Sandra Insua, conta cun servicio de asistencia xurídica, a cargo dunha profesional do dereito,  destinado a asesorar e informar aos veciños e veciñas do concello en temas diversos: inmigración, incapacidade legal, separación e réxime de visitas, violencia de xénero, etc...

Para nos é a nosa Sandriña, unha persoa boísima, que sempre está disposta a axudar a quen o necesite. A que sempre nos saca unha sonrisa ca súa forma de ver a vida. Ca que calquer veciño do Concello de Camariñas pode contar en calquer momento.

O venres 25 de xaneiro, vaise a celebrar un pleno no salón de sesións da Casa do Concello; será as 8 da tarde; coa seguinte orde do día:

1. Aprobación das actas anteriores.

2. Aprobación do acordo regulador do prezo público por servizos da Mostra do Encaixe.

3. Mocións de urxencia.

4. Decretos de alcaldía e comunicacións.

5. Rogos e preguntas.

Dende a Agrupación Socialista de Camariñas, animamos a tódolos veciños, a asistir a este pleno, para comprobar en primeira persoa, o traballo que se desenrola dende o Concello de Camariñas.

 

 

O mércores 22 de agosto a unha da tarde, terá lugar na Casa do Concello un pleno extraordinario que terá como punto máis importante a toma de posesión como Concelleira da nosa compañeira Rosana.


Logo da dimisión do noso Compañeiro Juan Cabrejo, que se producía no último pleno ordinario de Xullo, o Partido Socialista recupera a maioría absoluta o tomar posesión como Concelleira a nosa compañeira Rosana Barbeira Fandiño.

Rosana terá entre as súas responsabilidades o  formar  parte das Comisións Informativas Xerais, Especial de Contas, e de Urbanismo. Non temos dúbidas que como é ela unha muller con carácter, pisara forte, e loitará como ningunha pola súa parroquia e polo seu Concello.

Tamén se realizarán cambios na Xunta de Goberno Local logo da vacante que deixou Juanillo, así Mª Carmen Linares asumirá a area de Deportes ademais da de Asuntos Sociais que tan ben ven realizando, sen dubida un exemplo para moitos.

A área de Cultura e Educación será asumida por Sandra Insua, quedando coa Concellalía de Cultura, Educación, Encaixe e Turismo.

 

Jessica Costas Alonso, coa colección “Ídem” recibiu o primeiro premio do concurso de noveis deseñadores.
A Mostra do Encaixe de Camariñas continúa sendo un éxito en afluencia de público en Semana Santa. Preto de 17.300 visitantes pasaron pola feira durante os últimos cincos días, cifras representativas da calidade de unha Mostra que segue marcando a diferenza e manténdose como referencia do Encaixe a nivel internacional.

 


“Aínda que foi a Mostra que contou coa metade de recursos económicos que o ano anterior, a creatividade e o bo facer das persoas comprometidas co noso Encaixe, fixeron que un ano máis as persoas escolleran a Mostra do Encaixe como visita obrigada na Semana Santa da Costa da Morte.” Explica a concelleira delegada da Mostra do Encaixe, Sandra Ínsua, que se amosou visiblemente contenta cos resultados.
Durante o último día da feira, continuaron as demostracións en vivo da Escola infantil de palillo, da Escola municipal de Deseño e das palilleiras consagradas que fixeron de Camariñas, a capital do Encaixe. As 12 do mediodía procedeuse a entrega de agasallos “Coats” ás palilleiras máis novas do concello, as que continuarán cunha tradición centenaria, aportando modernidade e promovendo unha cultura única a través do traballo artesán. O alcalde camariñán, Manuel Valeriano Alonso, convidou aos pais e nais a motivar ás súas fillas a aprender a palillar, xa que segundo el, o Encaixe de Camariñas “non só é tradición, senón tamén economía e supervivencia.”

PREMIOS DO CONCURSO DE XOVES DESEÑADORES
Por a tarde coñecíase o nome dos gañadores do XIX concurso de Deseñadores Noveis. Os tres primeiros premios resultaron do fallo dun xurado profesional formado polas deseñadoras e deseñadores, Charo Carrillo, Ana Cabranes, Jose Matteos, Cristóbal Vidal e  Franco Quintáns.
A viguesa Jessica Costas Alonso, gañou o primeiro premio valorado en 2.104€ coa colección “Ídem”, un traballo pensando en clave de Encaixe e inspirado en pezas tan galegas como os orixinais e elegantes chuvasqueiros transparentes que combinaban con prendas brancas e rosadas.
En segundo lugar quedaron as deseñadoras Raquel Sousa, Olalla Varela e Alba Vázquez, tres novos talentos de Ourense (grupo A) que presentaron “Vingt ans”, unha pasarela contemporánea, baseada en vestidos negros longos de raso, de corte ancho e de  impresionantes escotes de costas, resaltados con Encaixe de Camariñas. O valor do segundo premio é de 1.202 euros aportados por Frigoríficos de Camariñas S.L
E o terceiro posto foi para Lola Contreras Moreno, de Granada (grupo B) polo seu traballo “Los Caprichos de Atenea”, unha creatividade pensada en branco e baseada no romanticismo e o lado máis suxerinte da muller. O premio foi de 601€ co patrocinio da  Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.
O recoñecemento do público tamén foi para o granadino, Rafael Núñez Rodríguez, cun premio financiado polo Grupo Correo Gallego.

DELEGACIÓNS INTERNACIONAIS
A nova edición da Mostra foi unha das máis internacionais dos últimos anos, contando con presenza de 12 delegacións procedentes de Rusia, Inglaterra, Francia, Suiza, Portugal, Italia, Bélxica, Bulgaria e Polonia. A través do seu traballo os visitantes puideron coñecer  as distintas maneiras de palillar e as peculiaridades dos diferentes encaixes do mundo. Unha das que máis chamou a atención foi a delegación de Moscú (Rusia), integrada por cinco palilleiras que fixeron demostracións vestidas cos seus traxes típicos.

ACTO DE CLAUSURA
Sandra foi a encargada de clausurar a XXII Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que fai un balance moi positivo da feira e quen, no seu discurso, pediu o apoio das administracións autonómicas para continuar promovendo un dos principais activos económicos de Camariñas. Referiuse aos 22 anos da Mostra facendo unha analoxía coa idade de un adulto recente. “ Sabemos que a adultez xóven, as veces é incomprendida, é unha etapa de re descubrimento, de aprendizaxe que debe estar acompañada de todos aqueles que confían nun, de tódalas persas que poden orientar e que se comprometen para que os proxectos saian adiante”. Con esta comparación fixo unha chamada de atención para que o goberno autonómico e estatal non continúe reducindo o orzamento destinado á Mostra. “ Non se pode criar un fillo e deixalo cando chega a maioría de idade. Por moi difícil que se presente o porvir, un sempre se mantén ao carón do que quere, apostando polo seu futuro e axudándolle para que siga polo bo camiño.”
A Delegada da Mostra rematou a súa intervención agradecendo a tódalas persoas, institucións e organizacións que fixeron que a nova edición obtivera o éxito acadado. Tamén se comprometeu a defender o traballo conseguido polos seus predecesores Marisol, Alonso e Sergio, e asegurou que “por moi torcidos que se presenten os camiños, loitarei para que a Mostra do Encaixe de Camariñas non desapareza”.


 

Ola boas tardes a todos e a todas, para min é unha honra ser a concelleira delegada da Mostra do Encaixe nesta vixésimo segunda edición que estamos a piques de celebrar. Son moitos anos traballando para que Camariñas sexa realmente a capital mundial do Encaixe. As persoas e compañeiros que me precederon nesta labor deixaron o listón moi alto, pero a vontade de este ano é facer unha mostra única e moi especial.
O pasado 7 de Xaneiro acudiu ó Concello Roberto García o Xefe Territorial de Deportes da Xunta, convidado pola Concellería de Cultura e Deportes para tratar o asunto da problemática dos desprazamentos dos nenos benxamíns e alevíns para competir en Carballo.
Páxina 1 de 2