En primeiro lugar, e iso é moi evidente, intereses económicos. Se os 69 deputados e deputadas que, teoricamente, conforman Podemos no Congreso dos deputados, se constitúen en catro grupos distintos van a percibir catro retribucións como grupos parlamentarios e non unha sola. Esta retribución  non é “pataca miúda”, que diría o inefable Caneda, xa que supón un fixo como tal e cantidades variables en función do número de membros que o compoñen. A maiores significa a contratación de persoal e servizos, con cargo todo ao erario público, e un aumento na remuneración dos responsables de todos e cada un dos catro grupos: catro presidentes de grupo, catro Sº Xerais, etc, etc. Significa, en suma, que  69 deputados vanlle a custar a tódolos contribuíntes moitísimo mais que os 123 do PP, ou os 90 do PSOE.