Tres parques mais seguros, mais cómodos e máis modernos. O departamento de obras do Concello Camariñán ven de ultimar a colocación dun novo pavimento en tres parques infantís no termo municipal.

Este luns comezaron as obras de acondicionamento do pavimento de tres parques infantís do noso concello, moi deteriorados polo intenso uso a que se ven sometidos pola nosa poboación mais xoven.

Fai varios meses o Concello de Camariñas está levando a cabo o traballo de acondicionamento dos parques infantís. O acondicionamento vaise levar a cabo en dúas fases, na primeira fase, xa rematada, procedíase a acondicionar os chans, para elo, realizouse a limpeza e cribado da area, estes traballos foron realizados nos parques infantís de Xaviña, Arou, e no que está no porto de Camelle. Ademais nos próximos días procederase a reparar e acondicionar e dotar de novos xogos  estes parques, tal como se fixo xa no parque próximo o colexio de Camelle onde se repararon e pintaron tanto os xogos como o valado. Así mesmo, tense redactado e presentado un proxecto para dotar de novos pavimentos os parques infantís de Camariñas, Ponte do Porto e o do colexio de Camelle.  Váiselles colocar un novo pavimento que será de caucho continuo. O proxecto ten un orzamento de 58.384,27 euros, e en canto sexa aprobado, procederase a súa licitación e adxudicación.
No pleno do Concello celebrado o pasado venres 29 de xaneiro de 2011 ven de aprobarse a modificación do proxecto de renovación dos parques infantis do Concello de Camariñas.