O próximo sábado día 1 de febreiro hai una manifestación en Madrid contra a reforma da lei do aborto e en defensa da liberdade de decidir. Sae as 12 da mañá da Estación de Atocha. Si hai alguén interesado en ir en autobús ten que avisar como moi tarde o miércoles. O prezo é de 5 euros. Aínda non está confirmada a hora pero  será de madrugada xa que hai que estar en Atocha as 12. O punto de partida dependerá da xente que se apunte, de todos modos organizamos coches para ir todos xuntos ata o punto de partida. Para máis información contactade con calquera membro da executiva.
O próximo venres 24 de xaneiro ás 20:30h visitará a Casa do Pobo de Camariñas  Laura Seara Sobrido. A Deputada socialista no Congreso español desvelará todos e cada un dos oscuros detalles deste deleznable anteproxecto de lei sobre o aborto que a dereita máis rancia e radical, que parece resurxir outra vez no seo do PP, quere impoñer ás mulleres como si elas non foran quen de saber o que facer coas súas vidas. É esta unha lei que retrotraerá a tódalas mulleres da nosa nación ata aqueles anos onde as familias máis ricas do estado tiñan ese dereito de abortar realizando custosas e clandestinas viaxes a Londres donde poder lavar a intachable imaxe das familias "bien". A nosa compañeira Laura, abogada de carreira e anterior portavoz socialista para Políticas Sociales e Igualdad no Parlamento de Galicia, ten unha amplia experiencia na loita pola defensa dos dereitos das mulleres e estará a disposición de tódalas veciñas de Camariñas que queiran saber de que forma afectará esta ley tan controvertida e máis propia da ultradereita e dos tempos da sección femenina da Falange que ata chegou a dividir aos propios dirixentes do PP. Coma sempre, animamos a todas e todos os veciños do noso concello a que participen activamente neste acto que organiza a Agrupación Socialista de Camariñas.