O vindeiro Sábado día 5 de marzo dende as 16:30h. terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Camariñas, a Xuntanza Anual de Judo da Costa da Morte. Nesta ocasión desprazaranse ata Camariñas  preto de 300 nen@s dende os 3-4 anos ata os 16, dos Concellos de Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Muxía, Zas e Camariñas.

O Pavillón Municipal de deportes de Camariñas foi o escenario que vén de acoller o pasado día 26 de febreiro unha nova xornada do XOGAJUDO 2011 para as escolas municipais e centros da zona da Costa dá Morte.
Sen dubida, unha das actividades deportivas que goza de máis éxito e de máis participación entre os nosos nenos e nenas e a de judo que organiza o Concello de Camariñas dende hai anos.