Marisol Soneira lémbralle ao goberno galego que “a súa obriga política, legal e moral é defender os intereses dos galegos e galegas por enriba dos dunha ministra amiga”

A deputada socialista Marisol Soneira esixiulle ao goberno que garanta a posta en marcha de novo da base de salvamento marítimo de Ruíbo, en Cee, “plenamente operativa”, logo de constatar que actualmente carece de helicóptero. Soneira lembra que dous anos despois da súa posta en marcha –foi inaugurada en setembro de 2012-, o goberno galego trasladou o helicóptero que tiña base en Ruíbo baixo o pretexto de “instalar sensores de voo necesarios para a súa operatividade”. 

O deputado socialista Francisco Caamaño reclamoulle hoxe ao goberno galego que “defenda ás xentes do mar da Costa da Morte” esixíndolle ao goberno central a dispoñibilidade plena do helicóptero de Salvamento Marítimo na súa base en Cee. Caamaño presentou unha pregunta no Pleno do Parlamento diante das reiteradas ausencias deste medio asignado polo goberno de Zapatero.
Os Socialistas reclaman a derogación do Decreto polo que se establecen taxas polos servizos de rescate da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Marisol Soneira asegura que o Decreto non establece a exclusión da flota pesqueira e do marisqueo da aplicación destas taxas e adoece de indefinicións e inconcrecións que o converten nunha fonte de conflitos.

 


A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, demandou  hoxe á Xunta, a través dunha proposición non de lei en pleno e comisión, a derrogación do Decreto que establece  os prezos públicos polos servizos de rescate prestados pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

Reclama que se exclúan dos cobros de taxas as actuacións que constitúan prestación de servizo público de salvamento da vida humana no mar, así como das actividades pesqueiras e marisqueiras, e, por contra, grave aos buques e empresas que ocasionen graves danos para o medio ambiente, a pesca e o marisqueo, ou a economía de Galicia en xeral. “Curiosamente -afirmou Soneira- estes grandes buques e empresas, interpretando literalmente o Decreto, estarían exentos de cobro de taxas polos servizos prestados polo Servizo de Gardacostas. Con este Decreto, a armadora do Prestige estaría fora da aplicación das taxas”

Ademais, os socialistas solicitan que se establezan “quen e como” debe producir os avisos á poboación de fenómenos meteorolóxicos adversos e derivados desa meteoroloxía adversa. Sinalou neste sentido que existe unha  grande “inconcreción e indefinición” na redacción do decreto, polo que todo “queda ao libre albedrío da administración”.

Soneira solicita que se establezan “taxas especiais” para situacións de emerxencia, catástrofe ou calamidade ocasionada por buques e empresas que poñan en risco “o noso patrimonio natural”, os recursos pesqueiros e marisqueiros, ou afecte ao noso sistema produtivo con consecuencias económicas, sociais e laborais negativas.

 

Polas nosas costas navegan cada ano uns 40.000 barcos que transportan todo tipo de mercadorías. Uns trece mil deles levan nas súas bodegas produtos que se poden considerar perigosos para o medio ambiente natural ou mesmo para a vida humana.