O Concello ten previsto por en marcha os procesos de contratación de persoal para que todo estea listo de cara as datas estivais.O mes de Maio é de gran actividade para a Concellería de Emprego do Concello de Camariñas. É nestas datas cando se publican no taboleiro de anuncios as bases para a contratación de persoal en postos e actividades relacionadas coa limpeza de praias, a actividade sociocultural ou a protección dos montes e contra incendios.

A Casa de Pedra acolle nas súas instalacións a un dos servizos mais importantes do Concello de Camariñas: a Axencia de Desenvolvemento Local. Foi unha das primeiras postas en funcionamento en Galicia e nela encádrase o servizo de orientación laboral. A Axencia de desenvolvemento local (ADL) depende da Concellería de Desenvolvemento Local, Servizos Sociais e Urbanismo. Foi creada no ano 1989 e ten como principal cometido o desenvolvemento socioeconómico, harmónico e sostible e a creación de emprego no territorio de Camariñas.

A tenente de alcalde, Sandra Insua, clausurou fai uns días o programa Deseñando o teu Futuro na Costa da Morte" onde 30 mozos e mozas dos concellos de Camariñas, Mazaricos, Vimianzo e Muxía comezaron as súas estadías en empresas destes concellos.

O Concello de Camariñas, entidade colaboradora do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia), servizo da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo, realizará o vindeiro 20 de marzo outra edición do curso sobre curriculum e cartas de presentación dado que o número de persoas demandantes deste curso o pasado 27 de febreiro superou a oferta de prazas quedando algunhas persoas en lista de agarda.

Rede Xiana 2

14 Marzo 2013
Publicado en Economía e traballo
Nos Concellos de Camariñas, Muxía e Zas desenvolveranse proximamente accións formativas dirixidas a persoas desempregadas da Costa da Morte.
A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola Deputación da Coruña e o Fondo Social Europeo.
O Concello de Camariñas, coma en anos anteriores, volverá a impartir cursos sobre busca de emprego. O fin é facilitarlle ás persoas interesadas neste tema información e ferramentas que posibiliten o seu acceso ao mercado laboral.

 


Recomendamos encarecidamente estes cursos e non somos os únicos. Marineda está a organizar tamén obradoiros de emprego, patrocinados por ADECCO. A entidade PROADE tamén prepara cursos de emprego, sendo neste caso non gratuítos.
Os distintos obradoiros que se celebrarán en Camariñas son de carácter gratuíto e serán impartidos pola orientadora laboral. En total ofértanse 4 cursos:

20 de febreiro. Busco traballo, por onde empezo?. Nesta sesión informarase sobre as principais fontes de información para o emprego, así como dos recursos de emprego e formación existentes na zona e a forma de acceder ós ditos recursos. Traballarase tamén a selección do obxectivo profesional.

27 de febreiro. Curriculum e cartas de presentación. Nesta xornada veranse os distintos tipos de c.v. así como os seus apartados, cartas de presentación e a súa estrutura. As persoas asistentes poderán elaborar o seu c.v. así como modelos de cartas na aula informática do concello.

6 de marzo. Procesos de selección de persoal e entrevista de traballo. Nesta ocasión veranse as distintas fases que compoñen un proceso de selección de persoal, con especial énfase nas probas de selección (tests psicotécnicos, dinámicas de grupo...) e nas entrevistas de traballo. Darase información tamén sobre como presentarse nunha empresa por teléfono ou de xeito presencial para buscar traballo.

13 de marzo. Información laboral útil. Informarase sobre o contrato de traballo, o salario, a nómina, o “Estatuto de los trabajadores”, convenio colectivo, prestacións dependentes do SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal) e o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria para persoas en situación de desemprego.

Os cursos terán lugar os mércores en horario de 10:00 a 13:30 horas. Para poder participar nos cursos é obrigatorio inscribirse con anterioridade nas instalacións municipais da Casa de Pedra coa orientadora laboral. Hai posibilidade de realizar tódolos cursos ou anotarse de xeito independente.

Ós cursos poden anotarse todas aquelas persoas que estean interesadas aínda que terán prioridade as persoas desempregadas.

Máis información, de luns a venres de 8:00 a 15:00 na Casa de Pedra (orientadora laboral), nos teléfonos 981737004 ou 653260746 e no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Hoxe sale na prensa a noticia de que os fondos para políticas activas de emprego se reducen un 56%. Ao mesmo tempo a Xunta di que manterá os programas pese aos axustes aplicados por Madrid.Quero explicar que significa que se fagan estos axustes e que quere dicir a Xunta cando di que manterá os programas.


En primeiro lugar reducir as políticas activas de emprego significa menos cursos e menos traballo público.

Tódolos anos pedimos cursos á Xunta (escolas-obradoiros, cursos de carpintería, de axuda a persoas dependentes) e dende que Feijoo entrou na Xunta Camariñas non recibíu ningún. Está claro que Feijoo manterá o seu "compromiso" de non traer formación ao noso concello.

Tódolos anos pedimos axudas de cooperación para contratar a veciños do municipio. Antes da entrada do PP na Xunta o concello contrataba aproximadamente 30 persoas. Desde que entrou Feijoo os números fóronse reducindo ata os 11 que contratamos o ano pasado. Está claro que Feijoo manterá o seu "compromiso" de non traer traballo para o noso concello.

Cando leades a frase "A Xunta manterá os programas" e vexades que este ano non hai nada, dicídeo ben alto: Feijoo minte! Aínda que non sería a primeira vez, xa cansa ler na prensa que a autovía vai adiante,

xa se ve...

 

 

O Concello de Camariñas, entidade colaboradora do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia) da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo desenvolverá nos meses de abril e maio diferentes cursos sobre busca de emprego co fin de facilitarlle ás persoas interesadas neste tema información e ferramentas que posibiliten o seu acceso ó mercado laboral.

 


Os distintos obradoiros serán impartidos pola orientadora laboral, agás o de busca de emprego por Internet que será titorizado polo axente TIC da aula CeMIT  e o de c.v. e cartas de presentación que será impartido por ambos profesionais.

 

En total ofértanse 5 cursos:

25 de abril. C.V. e cartas de presentación. Nesta xornada veranse os distintos tipos de c.v. así como os seus apartados, cartas de presentación e a súa estrutura. As persoas asistentes poderán elabora-lo seu c.v. así como modelos de cartas na aula informática do concello.

25 de abril. Busca de emprego por Internet. Este curso desenvolverase tamén na aula informática. Enviarase o c.v. mediante a páxina web de empresa, crearase o perfil en páxinas de busca de emprego e buscaranse ofertas nas ditas páxinas.

2 de maio. Busco traballo, por onde empezo?
. Nesta sesión informarase sobre as principais fontes de información para o emprego, así como dos recursos de emprego e formación existentes na zona e a forma de acceder ós ditos recursos. Traballarase tamén na selección do obxectivo profesional

16 de maio. Procesos de selección de persoal e entrevista de traballo. Nesta ocasión veranse as distintas fases que compoñen un proceso de selección de persoal, con especial énfase nas probas de selección (tests psicotécnicos, dinámicas de grupo...) e nas entrevistas de traballo. Darase información tamén sobre como presentarse nunha empresa por teléfono ou de xeito presencial para buscar traballo.

25 de maio. Información laboral útil. Nesta xornada informarase sobre o contrato de traballo, o salario, a nómina, o “Estatuto de los trabajadores”, convenio colectivo, prestacións dependentes do SPEE (Servicio Público de empleo estatal) e o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria para persoas en situación de desemprego.

Os cursos terán lugar os mércores entre o 25 de abril e o 16 de maio de 10:00 a 13:30 horas, agás o de busca de emprego que se desenvolverá de 17:00 a 19:00 horas.
Para poder participar nos cursos é obrigatorio inscribirse con anterioridade nas instalacións municipais da Casa de Pedra coa orientadora laboral ou chamando ó teléfono 981737004. Hai posibilidade de realizar tódolos cursos ou anotarse de xeito independente.

Ós cursos poden anotarse todas aquelas persoas que estean interesadas aínda que terán prioridade as persoas desempregadas

O servizo de orientación do Concello de Camariñas realizou no 2011 máis de 200 orientacións laborais, así como 34 itinerarios personalizados de inserción con 93 entrevistas de seguimento. Xestionáronse ofertas de emprego para 29 postos de traballo. Ademais contamos cun punto de información dixital da Xunta de Galicia no que se pode renova-la tarxeta de demanda ou mellora de emprego así como consultar a través do portal de emprego da Xunta de Galicia os cursos ofertados pola propia xunta e as ofertas tramitadas dende o SPEG.
Encontro en Suecia de mozos de Camariñas de outros catro municipios europeos
Unha delegación do Concello de Camariñas ven de realizar unha viaxe á cidade sueca de Pitea, lideres do proxecto no que participa xunto con Ferrol e dous concellos italianos  e outro finés.
Páxina 1 de 2