O Concello de Camariñas publica a convocatoria para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de operarios de limpeza viaria.

Abel Losada pregunta “ata ónde ten que chegar o paro en Galicia para que Feijóo abandone o seu illamento crónico da realidade e comece a aplicar medidas de impulso do emprego”

 

Feijóo e o paro

07 Febreiro 2012
Publicado en Economía e traballo
En canto se desencadeou a crise, e a pesares da mellor evolución do paro en Galicia respecto da media española, Feijóo non escatimou críticas á Xunta de Touriño pola destrución de emprego. Trala primeira reunión co grupo parlamentario do PP á volta das vacacións do convulso verán de 2008, o 1 de setembro, criticou a Touriño porque “preferiu tomar o sol que falar da crise”, e colleuse vacacións “coma se non pasase nada”.
Unha das prioridades nestes momentos é o emprego. A escasez del no noso concello enmarcado no panorama mundial fai que non cesemos no empeño de atraer ó máximo número de postos de traballo a Camariñas. Así, a parte doutras intervencións máis encamiñadas a empresas, o Alcalde de Camariñas solicita todas aquelas subvencións e adscríbese a todo aquel programa que signifique emprego. Un claro exemplo son as escolas obradoiro, os obradoiros de emprego, as actuacións de formación para desempregados, etc., que se solicitan á Xunta de Galicia e que esta sen reparos decide non conceder.

 

Levamos xa case catro anos, desde 2007, nunha situación de profunda inestabilidade na economía internacional. Pero esta crise non é producto dun milagre, ten a súa orixe nun sistema financeiro sen regras que permitiu excesos, abusos, enganos e que provocou a quebra de Lehman Brothers e outros grandes colosos financeiros norteamericanos, afectando a todo o sistema financeiro de Europa.