A Audiencia Provincial da Coruña acaba de desestimar o auto do xulgado número 1 de Corcubión, e polo tanto sobreseer e archivar as actuacións que se teñen producido contra o alcalde de Camariñas pola apertura do Tanatorio Municipal.

O pasado 12 de setembro o xulgado de Corcubión ordenou que Servicios Fúnebres de Camariñas SCG (que non é outra que a cooperativa funeraria “do pueblo”) aboase a débeda que teñen cun gabinete técnico de arquitectura por un proxecto para tanatorio que nunca fixeron nin parece que teñan intención de facer. En concreto, e no seu apartado 4, o requerimento di literalmente:
4.- Requerir a la parte deudora,  SERVICIOS FUNEBRES DE CAMARIÑAS SCG, para que en el plazo de VEINTE DÍAS pague al peticionario acreedor la cantidad de 3.930,08.- euros, acreditándolo ante este órgano, o comparezca ante el mismo alegando sucintamente en escrito de oposición las razones por las que, a su entender, no debe, en todo o en parte, la cantidad reclamada, escrito que deberá venir firmado por abogado y procurador si la cuantía reclamada excede de 2.000 euros.
Miñas donas e meus señores: Escríbolles esta para facerlle patente unha serie de dúbidas que dun tempo a esta parte non fan mais que machucarme a cabeza por dentro. Como todos vostedes coñecen a cooperativa funeraria, da que son propietarios tódolos que teñen suscrita unha póliza de decesos coa mesma, ten empeñadas as súas enerxías en dedicarse a loita política e non en defender o patrimonio dos seus cooperativistas.
A petición da Cooperativa Funeraria de Camariñas de suspender as obras de construción do Tanatorio Municipal FOI REXEITADA, así que os traballos continúan e no mes de abril pode estar rematado. A xuíza titular do xulgado do contencioso-administrativo de A Coruña ven de rexeitar a petición da Cooperativa Funeraria de Camariñas, de suspender as obras de construción do Tanatorio Municipal.
O Partido Socialista de Camariñas levou no seu programa electoral do ano 2007 que si a iniciativa privada non consigue construír un Tanatorio, comprometíase a facer un Tanatorio Municipal. Este foi o noso compromiso e vendo, que a Cooperativa Funeraria de Camariñas non era quen de levar adiante a construción do seu tanatorio, o Grupo de Goberno púxose a traballar para conseguir o tan ansiado ben para o noso pobo. O Grupo de Goberno conseguiu unha subvención da Deputación da Coruña e conseguiu uns terreos, sen custes para os vecinos, donado por un fundación sen ningún animo de lucro.
A Cooperativa Funeraria de Camariñas é unha entidade a que pertencen moitas persoas que, baixo esta fórmula de xestión, atoparon un servizo e unhas condicións que lles resultan atractivas dende o punto de vista económico. Ningún socio da cooperativa se dou de alta na mesma para facer política porque para iso xa existen outros vieiros e, ademais, entre a masa social hai persoas de moi diversa ideoloxía.