A deputada socialista Marisol Soneira presentou no Parlamento a situación dos traballadores e traballadoras das antigas caixas de aforro galegas que se viron afectados na Costa da Morte polos ERE aos que se acolleron as entidades.

No pleno a celebrar o venres 28 de Xaneiro o Grupo Municipal Socialista vai a presentar unha moción contra o peche da sucursal de Caixa Galicia (agora Nova Caixa Galicia) da parroquia de Camelle (Camariñas): Os socialistas sempre temos defendido os dereitos cidadáns e mais os dos nosos veciños, e consideramos que é un dereito de todos eles, a accesibilidade a unha entidade bancaria, sen teres que desprazarse a outras localidades.
Debido a fusión das Caixas de aforros, Caixa Nova decide eliminar entre outras, a sucursal da Caixa de Aforros de Camelle suprimindo de golpe un servicio básico para moitos dos nosos conveciños que terán que desprazarse a outras localidades para realizar as súas xestións.