O próximo domingo día 5 de xaneiro os reis magos visitarán todas as parroquias do Concello. Súas Altezas Reais, os Reis Magos de Oriente, sairán o domigo 5 de xaneiro do cruce de Brea as 12 da mañá, en Santa Mariña estarán as 12:30 e continuarán o seu camiño ata Arou que estarán na praza as 13:00 horas ( si chove irán o Centro de Cultura da Estivada). Despois dirixiranse a Camelle, onde recibirán os nenos na Casa da Cultura do alemán as 15,30 horas, para de seguido ir ata Ponte do Porto, onde pararán na praza de San Roque, e si chove, no Pavillón o redor das 17 horas. A Igrexa de Xaviña (si chove no teleclub), teñen previsto chegar sobre as 18,30 horas . De seguido seguirán ata Camariñas onde chegarán sobre as 20 horas a Praza do Concelllo, ( si chove no pavillón). Repartirán miles de caramelos no seu percorrido para nenos e non tan nenos, que estean a esperar por eles.