Pablo López Vidal critica que a Xunta “teña perdido dous anos de execución e 161 millóns de euros para darlle a obra á mesma empresa que a tiña o primeiro día”. O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, dixo hoxe que a adxudicación do contrato de concesión da Autovía da Costa da Morte “radiografía á perfección a incompetencia do conselleiro Hernández”. Criticou así que a Xunta teña “retrasado innecesariamente dous anos nunha obra fundamental que asinan hoxe á mesma empresa por 161 millóns de euros máis”.
O sete de maio de 2008 o Diario Oficial de Galicia adxudicaba a construción e explotación, por un período de 30 anos, da autovía Carballo-Berdoias a unha UTE de empresas constituída por Ferrovial e Taboada e Ramos. O importe daquela adxudicación era de 540 millóns de euros.
Páxina 3 de 3