Como se pode ver na foto que tomou Sandra Insua, un niño de avespas asiáticas campa as súas anchas nas Barrosas. Pese as chamadas dos veciños e das autoridades aos servicios de emerxencia da Xunta de Galicia, ao día de hoxe aínda ninguén pasou por alí a retirar este enxame de insectos perigosos para as nosas abellas melíferas e para as persoas que residen neste popular barrio da Ponte do Porto.