Feb 20
A portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, ven de defender, na Comisión Institucional unha proposición non de lei para que o Parlamento inste á Xunta de Galicia a manifestar o rexeitamento e repulsa á disposición adicional sesaxésima quinta, apartado 2, da Lei 22/2013, de 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014.
Xan 28
O próximo sábado día 1 de febreiro hai una manifestación en Madrid contra a reforma da lei do aborto e en defensa da liberdade de decidir. Sae as 12 da mañá da Estación de Atocha. Si hai alguén interesado en ir en autobús ten que avisar como moi tarde o miércoles. O prezo é de 5 euros. Aínda non está confirmada a hora pero  será de madrugada xa que hai que estar en Atocha as 12. O punto de partida dependerá da xente que se apunte, de todos modos organizamos coches para ir todos xuntos ata o punto de partida. Para máis información contactade con calquera membro da executiva.
Xan 18
O Servizo de Cultura do Concello de Camariñas iniciou o 2014 cunha nova actividade que está causando gran aceptación entre as veciñas desta localidade.Trátase das clases de batuka e zumba. Ata agora, 150 persoas, mediante preinscrición, mostraron o seu interese en participar nestas disciplinas que combinan o exercicio físico coa música. Unha vez iniciada a actividade sigue apuntándose xente de tódalas idades.  As clases comezaron o día 15 de xaneiro e prolongaranse ata o mes de maio. Realízanse en tódalas parroquias do concello atendendo aos seguintes horarios de mañá e tarde:
Páxina 4 de 12