Mai 20

O Día Mundial da Fibromialxia foi celebrado por primeira vez en Camariñas este 12 de maio de 2016. Foron varias as mulleres de Camariñas que, xunto a concelleira de servizos sociais Sandra Ínsua, se deron cita na Praza do Concello e que participaron no acto pintando un mural da artista mexicana Frida Kahlo, que simbolizaba a dor que sufren as persoas afectadas por esta doenza. Unha boa iniciativa para lembrar que a sanidade non debe ser obxeto dos continuos recortes cos cales os gobernos do PP castigan sen piedade os cidadáns. Unha boa iniciativa que se repetirá de seguro.

Mar 16

Adeputada socialista Marisol Soneira preguntaralle ao goberno galego, na Comisión de Sanidade que se celebra no Parlamento mañá xoves a partir das 10,30 h. pola supresión durante tres meses -entre agosto en novembro de 2015- da visita mensual do servizo de resonancia móbil que acude ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Mar 02

O sábado 12, as 7 do serán, inaugurarase por fin o tan ansiado tanatorio da Ponte do Porto. A empresa Ciriaco Gonzalez, S.L. abrirá un  velatorio situado na planta baixa da casa rectoral da Ponte do Porto donde se situaba o antiguo despacho parroquial, para moitos veciños conocido pois en ese despacho parroquial tiñamos que pasar para ir buscar un certificado de bautizo, de confirmación ou para arreglar o necesario para a celebrar a nosa boda.

Páxina 1 de 12