Xan 12

A Deputación de A Coruña, ven de conceder o Concello de Camariñas unha subvención nominativa para o financiamento da obra de Recuperación da Casa de Man de Camelle. A contía das obras será de 25.000 euros dos cales 20.000 son da Deputación e o Concello de Camariñas aporta os 5,000 restantes. 

Xan 02

Este día 5 de xaneiro, coma todos os anos, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegarán ao noso Concello nunha espectacular carroza.
A carroza mide uns 6 metros e construíse para estreala no noso municipio e terá motivos mariñeiros na súa decoración.

Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados dos seus tres paxes percorrerán todas as parroquias do noso Concello repartindo caramelos e ilusións. O percorrido empezará ás 12:00 en Brea e seguirá por Pescadoira, Brañas Verdes, Santa Mariña, Arou, Camelle, Ponte do Porto, Xaviña ata rematar en Camariñas.

A Súas Maxestades farán  recepcións oficiais, sentados nos seus correspondentes tronos, para recibir  aos nenos e nenas de todas e cada unha das parroquias de Camariñas. Estas serán nos seguintes lugares:

13:00 Arou. Será na praza e se chove no Centro Cultural A Estivada.
15:30 Camelle. Será na Casa do Alemán.
17:00 Ponte do Porto. Será na praza de San Roque e se chove no Pavillón Municipal do Allo.
18:30 Xaviña. Será na praza da igrexa e se chove na Casa da Sociedá.
20:00 Camariñas. Será na Praza de Insuela, fronte ao Concello, e se chove no Pavillón Municipal.

Media hora antes das recepcións oficiais dos Reis Magos o grupo de gaitas local Abrindo Rejo farán unha actuación na que presentarán en exclusiva un repertorio composto por panxoliñas galegas.

A cabalgata pódese seguir  no facebook do Concello para saber onde estan as Suas Maxestades en cada momento e achegarteáa maxia do Nadal en Camariñas.

Nov 29

Este sábado a productora HISTORY CHANNEL CANADA (Shaw Media) pasouse polo noso Concello para facer unha rodaxe dun pequeno documental sobre os Vikingos en Galicia.

Páxina 4 de 16