Nov 24

O Concello de Camariñas en colaboración ca Fundación Man de Camelle está a artellar un encontro para o vindeiro 18 de decembro no que se aproveitará para recordar o pasamento do Alemán de Camelle (oito anos dende a súa morte), reproducir un documental adicado a súa figura “Man, home sen paz” e facer un debate-mesa redonda sobre as actuacións no museo-casa do alemán, expoñer os datos e informar do acontecido estes derradeiros meses ca Fundación.

Páxina 16 de 16