Mai 09

Estimado compañeiro:

Estimada compañeira:

Como de seguro ben sabes, o 2 de xuño celebraráse na Coruña o 2º Congreso Provincial do PSdeG-PSOE, ao que me presento como candidato a Secretario Xeral.

Polo tanto infórmote de que o vindeiro venres, día 11 de maio, estarei na Casa de Cultura de Corcubión ás 21 horas, nun encontró con todos e todas as militantes que desexedes asistir, para presentar o meu proxecto.

Gustaríame moito poder contar coa túa presencia.

Unha agarimosa aperta.

 

Dec 20
Os voluntarios da Fundación Man de Camelle, están a organizar unha velada a noite do 27 ó 28 de decembro, con motivo do 9º aniversario do falecemento de Manfred.

 

Dec 02
Dende esta páxina xa publicamos, no seu día, o proceso de latrocinio institucionalizado que  privou a moitos veciños de Buría das súas propiedades e que mesmo facilitou que amplos predios de masas comúns fosen pechadas con muros e rexistradas como bens privativos. En moitos casos foron os pais e avós dos que hoxe animan a pobres incautos a “loitar polo seu”, os que estaban detrás de todo aquel triste episodio.

 


Algúns veciños de Buría acabaron sendo chamados o cuartel e enviados a Corcubión polo tremendo “delito” de defender o pan da súa casa, entre eles o avó da nosa compañeira Marisol Soneira. Tal foi o rexeitamento que se negaron a sementar os pinos da forestal nas fincas roubada e renunciaron a aceptar un salario dos lacaios da Ditadura. A lo menos a maioría porque, como en todo episodio desta natureza, sempre hai miserables que traizoan aos seus e toman partido polos tiranos. En Buría tamén houbo desta xente que non tiveron empacho ningún en ir a gañar moitos xornales sementando pinos da Ditadura nas fincas roubadas ós seus veciños. Algúns destes son os que encabezan a manipulación e insultan e calumnian ós demais porque sempre é mais doado para o calumniador atribuír ós demais as súas propias debilidades.

Este preámbulo ven a conto porque os manipuladores e calumniadores, están enganando a moitas persoas, case sempre de idade avanzada, decíndolles que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña había recoñecido a propiedade das fincas roubadas e que xa volvían a ser dos titulares e herdeiros a quen a Ditadura privou deles. Nada mais lonxe da realidade e nada mais ruín e miserable que tentar enganar a persoas que xa teñen sufrido moito por este asunto.

O Diario Oficial de Galicia (DOGA) número 230 do xoves 1 de decembro deste ano, ven de publicar na súa páxina 35.615 e seguintes, o EDICTO polo que se dá publicidade á resolución do expediente núemoro 410, relativo aos montes de Camariñas, solicitado polos veciños da parroquia de Camriñas, do concello de Camariñas. Pódese consultar o texto no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111201/AnuncioC3H1-211111-8973_gl.html.

Primeiro hai que aclarar que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, non é un tribunal de xustiza. Tal como recolle a Lei 13/1989 de 10 de outubro nos seus artigos 9 e 10, o único que fai é ditaminar se un monte ten a condición de comunal ou non, sen entrar en outras consideracións. Así o recolle o propio Xurado Provincial de Montes no seu acordo que publicou o DOGA o pasado 1 de decembro. Literalmente dí: É pois, un elemento determinante para a clasificación dun monte como veciñal en man común por parte do xurado que este teña elementos probatorios suficientes no expediente para determinar se o monte que se pretende clasificar é aproveitado en réxime de comunidade, sen cotas, polos veciños que a solicitan, neste caso a parroquia de Camariñas, e que estes o realicen pola súa condición de veciños comuneiros integrantes do grupo social, non como entidades administrativas, e isto á marxe das cuestións relativas á titularidade dominical e demais dereitos reais que se puideren suscitar no procedemento, que deberán dirimirse ante a xurisdición ordinaria segundo o disposto no artigo 10.2 da Lei estatal 55/1980, do 11 de novembro, de montes veciñais en man común.

Que significa isto? Pois que o Xurado Provincial de Montes considera que non hai probas suficientes que demostren que os montes foron explotados historicamente por tódolos veciños da parroquia de Camariñas e que, polo tanto, non consideran que poidan ter esta cualificación, pero non entra en cuestións de propiedade que, en todo caso, deberán ser resoltas ante a xurisdición ordinaria. É dicir, que quen queira reclamar a súa propiedade deberá acudir, a título individual, a un xulgado e iniciar todo un proceso de incerto futuro polos anos pasados. Xente houbo que xa o intentou e aínda está esperando unha resolución despois de décadas.

Pero, por se isto non fose suficiente, no propio acordo do Xurado Provincial de Montes, no seu Antecedente Sétimo, di literalmente: O Concello de Camariñas remite o 15.4.2011 o edicto de publicación do acordo de inicio do expediente exposto polo período dun mes tanto no taboleiro de anuncios como nos lugares de costume da parroquia. Posteriormente, o 25.4.2011 remite escrito de alegacións en que, en síntese, manifesta que os montes obxecto de clasificación son propiedade do concello con carácter de comunal, solicitando que non sexa declarado como veciñal.

Din mentira, enganan e calumnian, pois, os que din cousas que nin aparecen no Acordo xa que o concello de Camariñas presentou unha alegación onde di que os montes son propiedade do concello con carácter comunal.

Pero, porqué di o concello que son propiedade municipal? Pois pola sinxelo feito de que, nun momento determinado, cunha corporación fascista, houbo un alcalde e un secretario municipal en Camariñas que decidiron inscribir tódolos montes públicos do municipio como bens do mesmo, independentemente da súa procedencia. Non foi ningún dos alcaldes democráticos: nin D. Jesús Ramos Fuentes, nin D. Bautista Santos Ramos, nin o actual D. Manuel Valeriano Alonso de León. Foi un alcalde nomeado a dedo polo Gobernador Civil que, como todo o mundo sabe, era o brazo executor da Tiranía Franquista.

Os veciños de Xaviña e Arou, chegada a democracia,  decidiron constituír comunidades de montes para poder explotar os seus montes en comunidade e o concello non lle puxo ningún atranco. Solo neste caso o concello reclamou o dereito á propiedade do monte. Hoxe os aproveitamentos das eólicas, da madeira e de calquera outra actividade de Xaviña e de Arou invístense exclusivamente nesas lugares sen que formen parte do orzamento municipal de Camariñas. Os aproveitamentos dos montes de Camariñas van íntegros aos recursos do concello e con eles invístese en tódalas parroquias do concello, incluídas Xaviña e Arou.

Non é obxecto este artigo de analizar cal é a mellor fórmula de explotación dos montes de Buría, pero si de esclarecer o nauseabundo papel que algúns están facendo  envolveitos  nunha pelica de año, coma se nunca romperan un prato. Detrás de toda esta campaña están os herdeiros dos que planificaron e perpetraron aquela tropelía, porque os seus pais e avós eran os que estaban na administración nacional, provincial e local, e algún dos que hoxe berra consignas que outros lle escriben, sementaron pinos do Dictador, como mercenarios, nas leiras dos seus veciños. Outros, para maior escarnio, estaban no concello, nomeados a dedo pola Ditadura, cando rexistraron como propiedade municipal o que era dos veciños.

Así pois, o Acordo do Xurado Procincial de Montes non lle devolve a propiedade a ninguén porque, legalmente, a propiedade é municipal. Mentres haxa unha corporación socialista en Camariñas así seguirán, pero se algún día chegasen o goberno os herdeiros dos que usurparon os montes, quen nos garante que non seguirán a senda dos seus maiores?


 

Páxina 10 de 16