Xan 31
Esta noche a las 22h20 en la televisión de Galicia, en el programa “Tourilandia”, podremos disfrutar de las maravillosas voces de nuestro popular Coro de Mulleres de Camariñas y de su buen humor. No os perdáis la actuación estelar de esta noche.....  ¡¡¡¡¡ MERECE LA PENA !!!
Dec 26

Con motivo do X aniversario do afundimento do Prestige e do falecemento de Manfred, o Concello de Camariñas, en colaboración ca Fundación Man de Camelle, ven de organizar uns actos que se celebrarán o próximo venres 28 e o sábado 29.

 

Mai 15
Os días 17, 18 e 19 de Maio vaise celebrar o VI Encontro Arte e Natureza, organizado por a FUNDACIÓN MAN DE CAMELLE coa dirección de CARMEN HERMO e a coordinación de ANTÓN SOBRAL, o custo da actividade CRE_BEIRA_ANDO COMO MAN é de 25€

 


A percepción da realidade a través de fragmentos é unha das formas fundamentais para o noso coñecemento do mundo. Fragmentos reais e vestixios doutras épocas a través das cales estudiosos dos máis diversos campos descóbrennos os segredos de civilizacións pasadas.
Así mesmo esta percepción fragmentaria establécese como forma prioritaria para a aproximación a unha realidade proposta a través dos medios de masas. As novas tecnoloxías entraron na nosa vida de múltiples xeitos, condicionando, en moitas ocasións, a nosa forma de percibir a realidade. A televisión e internet, hoxe en día presente en case todos os fogares da sociedade capitalista, converteuse nunha especie de segunda fiestra á realidade exterior. Unha fiestra que sería, máis ben, un visor, xa que domestica e educa a nosa mirada, obsérvase o que outros miraron e escolleron para nós.Trátase dunha realidade fragmentada, con elipsis e montaxes que a converten noutra realidade diferente, unha realidade mediatizada.
Mergullámonos durante horas e horas, nunha realidade frecuentemente inexistente máis aló da propia pantalla. Ese espectador levemente conscente da manipulación que sofre a súa mirada, valoraría aquelas propostas que permitisen certo grado de elección e participación dentro da proposta artística. Experiencias reais en espazos reais con obxectos ou fragmentos reais revalorízanse ante a outra realidade pantallizada.
A natureza fronte ao artificio, volver sentirse parte dela, mirando, paseando, tocando, escoitando, cheirando. Sen simulacros. Unha natureza atemporal, na que desde a mais tenra infancia discernimos os seus elementos e os que son alleos a ela. Nalgúns casos os elementos alleos son moito máis abundantes que os propios. Producimos unha media dun quilo de lixo ao día por persoa, gran parte dela acaba nos paraxes máis insospeitados.
Man traballou na natureza e para a natureza, recollía elementos que a mar traía día tras día ó seu fogar, á costa de Camelle, e construía todo o seu universo con estes anacos de realidade. Os xuntaba, os clasificaba, os manipulaba, disgregaba, recompoñía, ensamblaba, etc para articular a súa particular mensaxe artística. Estas obras de pequeno formato gardan unha pátina que fai pensar nas posibles historias polas que pasarían os obxectos que a compoñen, unha pátina de intimidade na caseta de Man ou entre as rocas do seu xardín onde manipulou os obxectos para acadar a forma final, unha pátina poética na que esas novas formas póden evocar no espectador retratos, lámparas, paisaxes, animais...
Tras a morte de Man descubríuse toda unha biblioteca baixo a súa casa, libros de arte que Man recortou, pintou, fotocopiou, suliñou, pegou e redibuxou ata o menor detalle. Un traballo que vai máis aló da lectura, unha manipulación que os personalizou tal e como facía con as crebas que o mar lle traía a súa beira.
Nesta ocasión este encontro de arte e natureza quere ser unha homenaxe a esas pequenas e íntimas obras de Man. Pola beira do mar, pola mesma beira que Man percorría a diario, recollendo crebas e imaxinando desde onde poden ter chegado, de que poderían formar parte. Xuntando unhas con outras configurando elementos dun novo universo. Facendo un exercicio colectivo de creatividade e poñendo nomes, títulos ou facendo contos sobre personaxes de ese novo universo. Pequenas obras de arte desde a natureza e para a natureza.

PROGRAMACIÓN: CREBEIRA_ANDO

Xoves 17
11:00 h.           Recepción dos participantes na Casa do Alemán en Camelle.
Charla explicativa sobre o proxecto a cargo de Carmen Hermo.
Paseo polo espacio de traballo
13:00 h.           Benvida do Alcalde de Camariñas e da responsable da Fundación Man Mercedes  
Martín na Fundación Man.
13:30 h.           Xantar en Camariñas.

16:30 h.           Paseo e recollida de materiais polas praias de Arou.
20:00 h.           Recital poético: Día das Letras Galegas. Alba Bidueira
Charla de Ruth Montiel.
22:00 h.           Cea

Venres 18
10:00 h.           Na Casa do Alemán. Xornada de traballo. Consolidación dos grupos. Adecuación do espacio de traballo. Máis paseos. Máis falar. Máis pensar.
14:00 h.           Xantar.
16:30 h.           Montaxe da obra e fotografías. Historias e títulos.
20;30               Charla sobre as Crebas  por Francisco Fernandez Naval, Chisco
22:00 h.           Cea

Sábado 19
10:00 h.           Posta en común e proxección das obras.
12:00 h.           Bicos, apertas e ata outra.


 

Páxina 9 de 16