Out 29

O próximo 10 de novembro cúmprese o 125 aniversario dunha das maiores traxedias marítimas da Costa da Morte: o afundimento do HMS SERPENT na Punta do Boi.

O Concello quere lembrar dun xeito especial esta efemérides por canto tivo unha pegada moi profunda na conciencia colectiva da sociedade daquel momento e dou como consecuencia a dotación desta costa dun dos faros mais potentes, dos existentes ate aquel momento, do mundo: o noso vello e querido faro Vilán. A traxedia do Serpent foi determinante para millorar as condicións de navegabilidade das augas da Costa da Morte.

Os actos desenvolveranse no lugar do drama, o Cemiterio dos Ingleses, e a programación, segundo nos adiantan do Concello, será a seguinte:
21:00 Representación teatral "Noche de los naufragios".
22:00 Discurso de homenaje por parte de:
José Manuel Pato González (Delegado en Galicia de la Real Liga Naval Española),
Juan Campos Calvo Sotelo (Escritor de Náufragos de antaño y miembro de la RLNE)
Xosé María Lema (historiador do Seminario de Estudos Comarcais)
Sr.  Paul Lemkes (Agregado de Defensa da Embaixada  Británica)
Manuel Valeriano Alonso de León (Alcalde do Concello de Camariñas).
22:15 Actuación musical dol "Coro municipal de Mulleres de Camariñas".

Cabe destacar a presencia do Sr. Paul Lemkes, agregado de Defensa da Embaixada Británica en España, o que demostra o interese que as autoridades británicas dan a este evento.

Os actos continuarán durante toda a semana con proxeccións no Faro Vilánd o documental "Faros da Costa da Morte" (2010), dirixido e narrado por Manuel Vilar, de 16 minutos de dirección e subtitulado en castelán. Neste documental, con preciosas imaxes aéreas, dedícanse moitos minutos ó faro Vilán e mesmo se fai unha demostración gráfica de como se produciría ese foco luminoso por medio dun arco eléctrico entre dous carbóns, e outros documentais relacionados coa Costa da Morte, Vilán e os naufraxios.

O sábado 14 volverá a ser protagonista o Cemiterio dos Ingleses co seguinte programación:

 21:00 Benvida ás autoridades.
21:15 Actuación teatral "Noite dos naufraxios".
22:00 Discurso de homenaxe.
22:15 Disparo de 21 salvas.
22:30 Actuación musical.

 

Xan 02

As Súas Maxestades de Oriente chegarán ao Concello de Camariñas o día 5 de xaneiro nunhas espectaculares carrozas que percorrerán tódolos lugares do concello. Haberá recepcións oficiais en Arou, Camelle, Ponte do Porto, Xaviña e Camariñas. As paradas, segundo o protocolo, realizaranse nos seguintes lugares e horas. Sairán de Brea as 12 da mañá, pasarán por Pescaduira e Brañas Verdes e en Santa Mariña estarán as 12:30 e continuarán o seu camiño ata Arou que estarán na praza da Cerquiña as 13:00 horas (si chove irán o Centro de Cultura da Estivada). Despois dirixiranse a Camelle, onde recibirán os nenos na Casa do Alemán as 15,30 horas, para de seguido ir ata Ponte do Porto, onde pararán na praza de San Roque, e si chove, no Pavillón o redor das 17 horas. A Igrexa de Xaviña (si chove no Teleclub), teñen previsto chegar sobre as 18,30 horas . De seguido seguirán ata Camariñas onde chegarán sobre as 20 horas a Praza do Concello, (si chove no pavillón). Gran actuación do home orquestra: CÉ ORQUESTRA PANTASMA ás 18:45, na Praza do Concello, (si chove no pavillón). Repartirán miles de CARAMELOS, PALOMITAS e ALGODÓN DE AZUCRE no seu percorrido para nenos e non tan nenos, que estean a esperar por eles. Formarán parte tamén da cabalgata uns espectaculares dromedarios.

Mar 04
A parlamentaria socialista censurou o emprego da Casa de Galicia en Madrid para actividades de cuestionable promoción exterior da nosa comunidade, como corresponde ao obxectivo deste organismo. Nomeou de xeito específico a cesión do inmoble para a celebración dun ciclo sobre prensa rosa. Preguntou ao Secretario Xeral de Presidencia sobre o que pode significar para a promoción cultural, empresarial ou turística de Galicia, e indicou unha serie de frases que se dixeron no mesmo: O que máis vende é un bo personaxe con noticia e o que máis unha boda de conto de fadas; o glamour responde máis ao retoque do Photoshop e a unha fama televisiva conseguida con programas de baile; calquera pode falar de luxo, a pesar de lucir un sobaco con manchas de suor; a vida é mellor con prensa rosa.
Páxina 6 de 16