Nov 20

Ao longo do que resta de mes a empresa contratada decorará as rúas de todo o concello para que estean lucindo na ponte da Constitución. Colocaranse  70 puntos de iluminación festiva centrándose, sobre todo, nas entradas de todos os nosos pobos e naqueles lugares con maior afluencia de veciños. Ademais iluminaranse varias árbores das nosas parroquias para que todos teñamos preto unha árbore de Nadal que nos tranasmita os sentimentos e a ledicia destas festas tan entrañables para todos e que, tamén, anime a gastar no comercio local.

Nov 06

Neste ano celébrase o 125 aniversario do Cemiterio dos ingleses. Como é de tódolos veciños do concello coñecido, no ano 1890 o afundimento do Serpent dálle o nome o lugar que hoxe coñecemos. Ante o mal estado no que se atoparon os corpos era habitual soterralos moi preto da costa e facelo nunha fosa común para ser rodeado de muros e a construción do cubículo interior. A axuda prestada do pobo de Camariñas en erguer o cemiterio e os coidados dos superviventes foi recompensado polo almirantazgo inglés. O mar vomitou os corpos dende a noite do naufraxio ata o nadal do mesmo ano, expulsando o mar sobre uns 145 corpos sobre o total de 176 tripulantes.

Nov 04

Un lector fainos chegar a súa experiencia na celebración do Samaín deste fin de semana na Casa de Pedra. Agradecémolo e reproducímolo directamente.Comezamos cos obradoiros,  un de fabricación de pantasmas e outro de postres terroríficos.

Páxina 5 de 16