Xun 20

O alto da Virxe do Monte, no monte Farelo, vai ser o lugar escollido para a recreación dos ritos que saudaban a chegada do verán, co solsticio de verán, este próximo luns en Camariñas.

Xun 09

Un equipo da TVG estuvo esta mañá en Camariñas para grabar un programa de “O mellor chiste do ano”, que prepara esta canle para a súa próxima emisión. No programa participaron membros da Asociación de Amas de Casa de Camariñas, que preside Lola Méndez, que exerceron como xurado doutro participante neste concurso. Ademais, un veciño de Camariñas foi seleccionado como concursante ao mellor chiste, que a súa vez, será valorado por outro xurado distinto. Ademais de participar no programa, dende a Asociación de Amas de Casa aproveitaron para promocionar o encaixe de Camariñas e regaláronlle ao presentador do concurso, Paco Toba, unha garabata de encaixe elaborada polas socias da entidade. O presentador lucirá este agasallo durante a emisión do programa na canle autonómica, que de momento, aínda non ten data.

Xun 03

A acción ábrese esta fin de semana coa Exhibición da Escola Municipal de Baile Latino e de Salón, este sábado as 19:00 horas na Casa de Pedra. Nesta mesmo escenario, pero o domingo, terá lugar o peche da actividade para a Escola Municipal de Música e Baile Tradicional cunha Exhibición dos e das participantes. O recital comezará tamén as sete da tarde.

Páxina 1 de 16